Cacique foi o nome que lle
botaron os conquistadores españois aos indíxenas que mandaban nas distintas
tribus americanas cando eles chegaron aló. Éstes, os españois, asociaban ese
nome con aqueles que mandaban nos seus subordinados despóticamente
(caciquismo).
Non obstante, nese caso, iso
estaba moi lonxe da realidade. Eses líderes eran escollidos polos demais
membros da tribu, segundo as capacidades que amosaban para saír das dificultades
ou das súas habilidades coma guerreiros. Como tamén eran escollidos os Piaches
(curandeiros que gozaban dunha posición privilexiada na estrutura social
indíxena).
Eran eles, os Caciques e os Piaches,
os que decidían cando mudar de territorio (se eran nómadas), ou como distribuir
a orde social da etnia e tamén como cando e onde defender as súas terras. De
feito os caciques foron parte moi importante nas loitas contra o poderío
español que tanto ía mudar despois o seu modo de vida e mesmo as súas crenzas.
A súa loita foi tan relevante que a día de hoxe inda moitas ciudades e vilas de
América latina, (na honra das terras que defenderon e da memoria que deixaron),
levan o seu nome.
Hogano, inda que as comunidades
indíxenas mermaron moito ou teñen xa hábitos de vida urbáns, inda existen
culturas que manteñen vivas esas costumes. Nelas os caciques dirixen os espazos
e o tempos. Loitan por intereses propios ou polos dos seus achegados (non polos
intereses colectivos como fixeron os seus antergos). Levan mal perder o poder.
Buscan, e atopan, monicreques que estean ahí por e para eles.
Se todos fósemos unidos,
esquecendo ruíns intereses individuais, poderiamos decirlle a algún cacique
“tarde piaches”.
Manuel Mouzo Méndez
No hay comentarios:
Publicar un comentario