viernes, 4 de diciembre de 2009

O noso Blog

Para termos unha mellor comunicación e unha mellor información entre tódolos socios, imos aproveitar as posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías. Nestes novos tempos coido que é máis ben doado para todos nós ter acceso a elas. Eu aínda que estou moi "sopa" nisto, comprométome a tentar de levalo ao día e publicar neste Blog tódalas novas, actividades ou cousas que poidan sernos de interese e logo tócavos visitalo regularmente para poder informarvos e sacar proveito desta información. Poderiamos facer moitas cousas con esta maravillosa ferramenta, motivo éste que me leva a pedirlles a aqueles socios que teñan máis coñececementos ca min neste medio a súa colaboración ou axuda. Temos un grupo que merece todo o que poidamos facer por él. Hay algúns que... vaia por Deus! Pero que lle imos facer! Para min o que contan son as persoas e non a xente. Neste grupo temos PERSOAS E MOI BOAS PERSOAS e síntome orgulloso de representalas. Teño a seguridade absoluta de que estou a facer as cousas ben e no interese das PERSOAS, xa que boa parte delas son criticadas polos meus inimigos (fóra da Sociedade Pesca) ou polos que non amosan o máis mínimo interese por esta Sociedade de Pesca (índa que formen parte dela) Isto alédame! O día que faga cousas ou tome decisións que conten cos parabéns desta xente, ese día deixareino todo e adicareime tan só a pescar. Non é o meu estilo rexoubar e cotifar ás costas de ninguén polos tugurios de mala morte, nin aproveitar as farangullas que outros van deixando caer ao chan, o meu é tentar facer algo de proveito e poder axudar ás PERSOAS adicándolles parte do meu tempo de lecer. Eu teño unha cousa de boas, alomenos, non son rancoroso. E aínda que a miúdo me movo polo gume da navalla, (qué lle imos facer? sonche así e aos meus anos non vou mudar... nin quero) sempre lles desexo, tanto aos meus amigos coma aos meus inimigos, o dobre do que eles desexen para min. Saúdos a todos. O Presidente.