lunes, 30 de abril de 2012

Un luns cavilando


Pescar con ou sen morte é unha controversia na que moitos de nós entramos con paixón. Iso non debería ser óbice para que recoñezamos, e respectemos, o dereito de cada quen a practicar a pesca fluvial, cumprindo sempre coa legalidade vixente, na modalidade que lle pete. Ou unha e outra, segundo o momento, o lugar, ou a súa propia conciencia, circunstancias ou razóns persoais.

Aqueles que nos achegamos ás marxes dos nosos ríos con asiduidade, entendendo por asiduidade o de  facelo, polo menos, unha vez por semana ao longo do ano, é evidente que non os visitamos só para pescalos. Coñecer algo ou a alguén é o primeiro paso para respectalo. Coidalo quere dicir que o queremos, que o gozamos, que o necesitamos, que fai xa parte da nosa vida. Índa que non poidamos sentilo coma algo privativo, algo só noso, sentímonos orgullosos de poder compartilo con persoas afíns.

Cando queremos algo ou a alguén, preocupámonos de coñecer os problemas que o atinxen. Cando o que queremos é un río, un medio acuático, o noso obxectivo principal son as especies que, temporal ou permanentemente nel viven. Loitamos polo seu mantemento e, cando as circunstancias o permiten, mellora. Sabemos certeiramente os problemas que inciden na súa calidade medioambiental e, por conseguinte, nas súas poboacións piscícolas.

Teñen especial incidencia na calidade da auga, polo tanto nas especies que as habitan, as verteduras industriais, agrícolas e domésticas. Son especialmente catastróficos os aproveitamentos hidroeléctricos e industriais que, cando derivan  auga do leito natural do río, non respectan a lexislación vixente. Pero segue habendo troitas! Segue habendo peixes que capturar! Segue habendo pescadores, persoas  que gozamos achegándonos ao carón dos nosos ríos para capturar, ou tentar capturar, esas troitas, eses peixes.

Poderiamos dicir que hai catro clases de pescadores. Os de lecer ou afeccionados, os deportivos, os de competición e os furtivos. Os de lecer ou afeccionados pescan para ocupar un tempo que teñen libre, para practicar unha afección, xeralmente acompañados de amigos ou coñecidos. Non adoitan ser constantes. Se a cousa pinta ben, se fan capturas, voltan de pesca máis e máis veces, do contrario arrédanse unha tempada, un tempo. O deportivo goza da súa actividade tentando facelo cada día mellor, sendo máis eficiente, pescando con maior dilixencia día a día. Aproveita os tempos mortos nos que a actividade dos peixes é moi reducida para observar e tentar atopar técnicas e métodos que lle permitan acadar capturas, índa que sexa con menor intensidade ou frecuencia. O pescador de competición non pesca só polo goce da práctica desta actividade. Goza competindo. Practica a pesca só ou con un grupo moi reducido de persoas, case sempre os mesmos, o seu obxectivo principal é acadar resultados que lle permitan participar en competicións dun nivel cada vez máis relevante. O furtivo é un flaxelo,  unha praga, un azoute, un castigo, unha calamidade,  unha desgraza, unha carga. Unha desgraciada, fatal, miserable, funesta, mesquiña e lamentable carga para a nosa pesca fluvial.

Se hai algo que pon de acordo á maioría, a inmensa maioría de pescadores á hora de escoller un lugar para ir de pesca, e a manida frase de “aí non hai nada oh. Antes, ai antes! Antes si que había!”. Outra frase moi escoitada é a de que a cana non fai dano. Depende nas mans de quen estea esa cana! Pensemos. Se unha troita sobrevive ás verteduras industriais, agrícolas e domésticas, aos incumprimentos da Lei polos aproveitamentos hidráulicos e industriais para rematar nun cesto de pesca. Qué foi o que lle fixo dano a esa troita? Dito todo isto, toda modalidade de pesca, con morte ou sen ela, merece o máximo respecto de todos nós, sempre que se desenvolva cumprindo a Lei. Non obstante, a legalidade é unha cousa e a xestión outra. Coma pescador que practica indistintamente unha ou outra modalidade de pesca, con e sen morte, defendo con convencemento ás dúas, co mesmo convencemento que teño que o futuro da pesca galega pasa por multiplicar considerablemente os tramos, acoutados ou libres, de pesca sen morte.

Nese mesmo eido, no da xestión da nosa pesca fluvial, é principal o papel das Sociedades de Pescadores. Somos nós, os pescadores, os que máis tempo pasamos ao carón dos nosos ríos, os primeiros interesados en mantelos nas mellores condicións, os primeiros en decatarnos se hai algún problema, puntual ou non. É fundamental que a administración implemente medidas encamiñadas a promover e reforzar o papel das Sociedades de Pescadores na xestión da pesca fluvial.

Sabemos, coñecemos as eivas da nosa pesca fluvial. Non se toman ou impoñen as medidas que cómpre por impopulares. Índa que a porcentaxe de licenzas de pesca fluvial representan pouco máis do un por cento da pobación galega, os responsables políticos contan con que van ter desgustados a máis do oitenta por cento das, máis ou menos, sesenta e cinco mil licenzas de pesca fluvial da nosa comunidade autónoma, iso significan ao redor de cincuenta e dous mil votos.

Se a administración reforzase ás Sociedades de Pescadores, moitos máis pescadores estarían interesados en formar parte delas. Esas Sociedades poderían, tendo un maior peso, arroupar e apoiar aos nosos responsables políticos na toma das medidas que cómpre promover para que, dentro dun futuro non moi lonxano, a nosa pesca fluvial non sexa unha copia da que nestes intres temos en algunhas outras comunidades autónomas.

Manuel Mouzo Méndez




lunes, 23 de abril de 2012

Un dos nosos


DESPEDIDA A UN AMIGO
JESÚS GARCÍA RIPAMONTI 

 Queridos amigos pescadores: Hoy es uno de esos días en los que es difícil encontrar palabras para expresar lo que sentimos muchos de nosotros al enterarnos de la triste noticia del fallecimiento de nuestro amigo Ripa, y más si cabe, por no poder despedirnos de él como se merecía.

 No me resulta nada fácil escribir esta pequeña reseña de su vida, pero mucho menos quiero pensar que su lucha continua por la pesca, su amor a la competición, toda su dedicación a este noble deporte vaya a quedar en el olvido y que los que tuvimos la suerte de compartir con el tantos y buenos momentos ni siquiera le dediquemos unas palabras a su memoria.

Jesús García Ripamonti
 
Jesús García Ripamonti nació el 20 de septiembre de 1925. De muy joven se inició en la pesca deportiva y su inquietud le llevó a presentarse a la primera convocatoria de jueces de la Federación Española de Pesca.  Desempeñó esa actividad con éxito hasta estos dos últimos años en los que su salud le empezó a fallar. La Federación Española le rindió un homenaje en el año 2010 entregándole la insignia de oro de la Federación, y lo mismo había hecho un año antes la Federación Gallega de Pesca. Los innumerables reconocimientos por asociaciones y entidades deportivas hablan por sí solos de su buen hacer como juez. Nunca quiso tener un protagonismo destacado; la mesura, el diálogo y el respeto eran sus armas principales.
En el año 1969 se hizo cargo de la secretaría de la Sociedad de Pesca Deportiva Peña Róbalo, actividad que desempeñó hasta el último momento. Los socios de Róbalo queremos reconocerle su magnífica labor como secretario, pues fue durante su gestión cuando la Sociedad alcanzó los mayores éxitos deportivos. Pero sobre todo queremos agradecerle sus desvelos por haber propiciado la amistad entre todos nosotros. Siempre encontramos en él un amigo, algo que no se consigue muy a menudo.
AMIGO RIPA DESCANSA EN PAZ, NUNCA TE OLVIDAREMOS.


 
Felix Rodil Álvarez
 

miércoles, 18 de abril de 2012