sábado, 23 de marzo de 2013

El "Maestro" y el "Molinero" en Argentina 2013


Do 14 de febreiro ao 12 de marzo e cunha estancia en Buenos Aires dun día a ida e outro á volta, dous socios da Sociedade de Pesca Deportiva Neria, Antonio “el Maestro” e Pepe “el Molinero”, acompañados duns amigos aos que nin nomeo nin poño imaxes deles xa que non sei se estarán de acordo en que o faga, estiveron pescando polo sur de Arxentina, máis concretamente nas provincias da Patagonia: NEUQUEN E CHUBUT.

Os lugares onde se aloxaron e os principais rios que pescaron en cada sitio foron: Aluminé:, rio do mesmo nome, rio Pulmari, rio Calfiquitra. Junin de los Andes: Rio Chimehuin, Rio Malleo, Rio Quenquentreu, Caleufú, etc. Villa Ribadavia: Rio Carrileufú, Rio Colehual, Rio Ribadavia.

O aloxamento fixérono en cabanas onde o “Maestro” foi o “Chef”, alguén me dixo que coa axuda dos “pinches” pero eu coido que pouco o axudarían, máis ben ao que o axudarían sería a dar boa conta dos suculentos pratos saídos da súa cociña.

A definición que me deron dos lugares pescados foi a de "pequeños paraisos", pola súa beleza, limpeza das augas e da contorna, excelente pesca, tranquilidade, etc. No que respecta á pesca, en ocasións moi boa outras regular, pero sempre con captura de bastantes exemplares. Ao longo deste tempo foron numerosas as capturas de troitas de entre 25 e 35 cm., e algo menos as de 35 a 45. Todos eles pescaron algunhas de máis de 45 cm. e, excepcionalmente, varias se achegaban aos 60 cm. 

 


O "Maestro" no Calfiquitra, rodeado de araucarias nunha fermosa paraxe con moi boas troitas


O "Cef" en plena faena.


Na desembocadura do río Calefú.


Don Pepe "el Molinero" no Parque Nacional Lanin.


Pepe cunha fermosa captura do Malleo.


Na boca do río Carrileufú que nace no lago Cholila.


O "Maestro" no Ribadavia.



Troita do "Maestro" polas beiras do Ribadavia.


Pepe no Calfiquitra.


Fermosas fotos compañeiros!! Parabéns por esta viaxe!!

Notas e imaxes
José Rodríguez