domingo, 13 de marzo de 2016

Os nosos socios viaxeiros



Antonio acaba de voltar de Chile con imaxes e recordos tan memorables coma este. Ademais da ledicia por terche entre nós, sentímonos asemade agradecidos por compatires connosco esta inesquecible imaxe. PARABÉNS POR ESA EXCEPCIONAL CAPTURA!!

viernes, 11 de marzo de 2016

As Directrices da Paisaxe de Galicia

O Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia está a desenvolver a Estratexia da Paisaxe de Galicia. Nunha fase previa, contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia, a cal deu resultado a un documento de carácter técnico que aborda a primeira etapa da planificación da paisaxe, consistente na súa análise e diagnose, o cal está en exposición pública para presentación de alegacións. (Documento dispoñible nesta ligazón).

Baseándose no Catálogo de Paisaxes de Galicia, corresponde elaborar nesta segunda fase as Directrices da Paisaxe, é dicir, as determinacións, criterios e accións que deben definir o futuro da paisaxe de Galicia. Entendendo que este proceso debe recoller as inquedanzas e aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, programase a realización de 50 obradoiros participativos, un por cada comarca paisaxística galega.

Para a participación nos diferentes obradoiros estase a realizar un convite a diferentes persoas e entidades, o cal agradecemos se difunda e faga extensivo a quen  teña interese en tomar parte nos mesmos. 

Calquera dúbida en relación a este proceso participativo pode ser dirixida a este mesmo enderezo electrónico, ou nos teléfonos 981.910.206 e 608.201.251.

Sen outro particular, agradecemos de antemán a súa importante colaboración.

-- 
Equipo técnico das Directrices de Paisaxe de Galicia
Instituto de Estudos do Territorio
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia
Edificio Administrativo San Caetano
Rúa de San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela




Na casa da cultura de cultura de Vimianzo o Martes 15 de marzo ás 18 horas