martes, 28 de marzo de 2017




BASES OPEN INTERNACIONAL POR EQUIPOS CONCELLO DE DUMBRÍA

1- A adxudicación de tramos de pesca e dorsais farase por sorteo antes do inicio da competición.
2- Os equipos estarán formados por catro pescadores.
3- Tódolos participantes deberán de ter licenza de pesca de Galicia ou interautonómica en vigor.
4- A competición desenvolverase en dúas mangas.
5- A modalidade de pesca será a de salmónidos lance.
6- En cada quenda de cada manga pescarán nun mesmo tramo dous pescadores de cada equipo e dous farán de controis.
7- A clasificación farase segundo o programa e Regulamento de salmónidos da FEPeC.
8- Pescarase con moscas, ninfas ou perdigóns montados en anzois desprovistos de arponciño e culleriñas, xiratorias ou ondulantes que non leven ningún tipo de plumas, dun só gancho sen arponciño.
9- Os aparellos só poderán estar montados cun máximo de tres moscas e a boia, que pode ser esférica ou ovoide, que permita encherse de auga e sen ningún tipo de recubrimento, debe estar atada á sedela sen posibilidade algunha de deslizarse.
10- As canas a usar son libres, de uso comercial, cuxa lonxitude unha vez desencartadas e montadas non exceda a lonxitude de 12 pés (366 Cm).
11- Os carretes serán opcionais, manuais ou automáticos, de bobina fixa ou xiratoria.
12- As liñas usadas serán única e exclusivamente as de monofiamento nas súas distintas marcas e diámetros.
13- Nos desprazamentos de pescadores e controis está prohibido cruzar o río fóra do tramo que lle tocase pescar. Os controis seguirán ao pescador pero sen estorbarlle.
14- Se un control é responsable da perda dunha captura, anotará este incidente na plica e á captura perdida daráselle a talla media de tódalas capturas anotadas.
15- O pescador non poderá invadir o tramo lídante pero a captura si.
16- Só serán capturas válidas as que acaden unha talla mínima de 17 Cm e que veñan cravadas entre a punta do fociño e o opérculo das galadas.
17- As capturas seranlles presentadas aos controis dentro dunha sacadeira ou redefol.
18- Para calquera dúbida ou incidencia ao longo da competición será de aplicación o regulamento de competicións de salmónidos da FEPeC.
19- Non terá dereito á clasificación nin a agasallo todo aquel deportista que abandone a competición.
20- As decisións tomadas pola organización, referentes a esta competición, serán firmes e inapelables.