sábado, 29 de diciembre de 2012

Derradeiros traballos do 2012


Un día sen vento, no mes de agosto, esas árbores caeron no río ao carón do Muíño de Sofía. algunhas outras polas máis foron arrimándose e entorpecendo a subida dos reos por esas correntes. Non quedaba máis remedio que retirar todos eses entullos, ademais, tampouco podía ser nada bo deixar ahí todos eses atrancos para cando subise o río coas choivas do outono e do inverno así que, coma sempre, con alegría e moito ánimo puxémonos mans a obra!!




Dividímonos en dous grupos, un de intrépidos especialistas da escalada e do tema "motoserra", que foron enviados en expidición á outra beira do río, outro de apoio e intendencia. A medida que os expedicionaros ían cortando o outro equipo ía evacuando os restos, non sen dificultades!!






Pero os esforzos, unha vez máis, pagaron a pena e devolvemoslle a este tramo de río a súa maxestuosidade. Asemade, quedou a vía expedita para uso e goce dos peixes e dos pescadores e visitantes.
 



Colocamos, unha vez máis, o mesmo sinal e, logo dun pequeno descanso para repoñer folgos, diriximonos, ledos e famentos, cara ao Pastoriza, onde demos boa conta das empanadas de pan de millo con xouvas e dun impresionante cochinillo.

E todo está ben cando remata ben!!


viernes, 21 de diciembre de 2012

Un chiste

Un galego e un catalán están no barbeiro. O barbeiro córtalle primeiro o pelo ao catalán e pregúntalle se quere que lle poña un pouquiño de perfume. O catalán resposta que non, senón cando logo chegue á casa a súa muller pode pensar que ven dunha casa de putas.

Despois córtalle o pelo ao galego e fáille a mesma pregunta. O galego resposta:
- Si oh si, ponme perfume carallo!! Que a miña muller non sabe como cheiran as casas de putas!!

BO NADAL A TODOS/AS E, XA QUE O MUNDO SEMELLA NON ACABAR HOXE, UN 2013 CHEO DE LEDICIA PARA TODOS/AS!!!!

jueves, 6 de diciembre de 2012

sábado, 1 de diciembre de 2012

Agora que estamos con tempo iremos poñendo, aos poucos, algunhas imaxes desta derradeira tempada. Irémolo facendo aos poucos, sen presas, que temos todo o inverno por diante.

Hoxe van estas:














martes, 27 de noviembre de 2012


Un ano máis coroamos a tempada coa tradicional cea e posterior entrega de premios, sendo as mestras de ceremonia Maite e Monse. Neste ano os galardoados foron:
Jaime cun segundo premio en Mar-Rocha e tamén segundo en Reo.


Mon co primeiro de Mar-Rocha, terceiro en reo e tamén terceiro en Mar-Praia.


Martín co segundo premio en Mar-praia.


Salustio cun segundo en Embarcación Fondeada, primeiro en Mar-Praia e terceiro en Mar-Rocha.


Curra cos primeiros premios de Embarcación Fondeada e Reo. Sobre estas liñas o volante tocando as "bolitas" coma sempre, neste caso as de Curra!!



Maite e Monse déronlle un toque especial a esta entrega de premios 2012!!


E o Volante todo fachendoso co seu terceiro premio de Embarcación Fondeada.



Foi unha reunión presidida pola habitual cordialidade e pracer de ter compartido unha tempada máis, recordando unha e otra vez as anécdotas e xornadas de gloria vividas xuntos. Tamén facendo xa plans para a vindeira.



Dicir que este grupo segue coa mesma ilusión e compromiso de sempre, tentando colaborar na promoción e mantemento dunha pesca sostible, na que todos antepoñemos con e onde pescamos a canto pescamos.

O noso agradecemento tamén vai para todos/as aqueles/as que, dunha maneira ou doutra, nos apoian e dan folgos para que, malios atrancos que imos atopando, sigamos teimando en acadar os nosos obxectivos. Neste senso temos que agradecer especialmente a colaboración de:
Concello de Vimianzo.
Bar O Cabazo da Ponte do Porto.
Casa Trabeiro da Ponte do Porto.
Casa Ferrín de Carnés.
Restaurante Pastoriza de Vimianzo.
Mesón Xanela en Agra do Orzán na Coruña.
Taller de xoiería A Feitura da Coruña.


E ao noso artista, socio e amigo Mon Souto Pérez autor do deseño e feitura dos nosos trofeos!!