miércoles, 25 de agosto de 2010

Tamén fomos testigos do lume no monte galego









Os comentarios neste caso sobran. Pero os sentimentos de rabia e impotencia medran!! Non só porque arde o monte, tamén pola falta de información!! Grrrrrr.






Última xornada de limpeza desta tempada

O "señor" da motoserra en plena faena

Sobre e baixo estas liñas, Carlos, Curra e José Manuel, os alicerces destas e outras xornadas de coidado, mantemento e limpeza do Couto de Pesca da Ponte do Porto.





Atopamos na auga un fermoso exemplar de troita morto. Non é normal que se siga permitindo o cebo natural nos coutos de reo. Máis aínda nestas datas nas que a troita xa está vedada e é moi "golosa" preparándose para coller peso e criar as ovas. UNHA MÁGOA!!



Algúns, que son moi fotoxénicos, van de bonitos. Outros imos máis de "atúns". Je je je




Tamén compartimos algúns momentos ledos que nin queremos, nin podemos esquecer!!






Unha nova axuda!! Benvido Iván!! Un pracer. Un verdadeiro pracer contar contigo, coa túa humildade e co teu bo facer. É unha honrra contar contigo!!


Un grupo unido por unha paixón, un lugar e un sentimento: Unha paixón; o reo!! Un lugar; o Couto de Pesca da Ponte do Porto!! E o sentimento de estar facendo algo positivo e de cumprir cun deber!! Un xeito de devolverlle ao río o moito que nos da. Unha das mellores cousas que nos deu foi coñecernos e gozar da mútua compañía.



O dito, o "bonito"


Dárllelas grazas a todos aqueles que, na medida da súa dispoñibilidade, colaboraron e colaborades nestas e outras xornadas a prol da pesca.
Todo isto é cousa dun grupo, no que coido que tentamos facer cousas e facelas ben, non sempre o acadamos pero sempre o tentamos. E seguiremos tentandoo.
GRAZAS!!