lunes, 2 de diciembre de 2013

Actos fin de tempada 2013



O pasado sábado día 30 de novembro de 2013 tivo lugar no Bar o Trabeiro en Ponte do Porto, Camariñas, o derradeiro acto da tempada 2013. Nesta ocasión fixemos a Asemblea Xeral, a tradicional cea, que este ano foi un maravilloso cocido, e coma broche e peche final a entrega dos premios acadados nos distintos campionatos de pesca.
Malia difícil situación na que nestes intres nos vemos todos alagados, tanto a nivel atonómico coma nacional, este ano puidemos contar, unha vez máis, con aquelas institucións, estabelecementos e persoas que xa nos veñen axudando de maneira cotiá. Neste senso, debemos agradecerlles de maneira moi especial a colaboración e axuda que tan especialmente prestan os nosos socios, a súa colaboración é vital para podermos desenvolver con normalidade o noso calendario anual de actividades, manter o couto de pesca da Ponte do Porto nas mellores condicións que a nosa dispoñibilidade económica nos permite e promocionar a pesca como nós a entendemos; coma unha actividade social e respectuosa co medio ambiente, tamén coma unha actividade deportiva e de lecer na que compartir e mellorar coñecementos.
Para facer posible calquera proxecto un dos temas principais é a dispoñibilidade económica, coma pequena sociedade de pesca que somos a nosa fonte de ingresos é reducida, por ilo son vitais para a nosa acción as axudas que tanto a Deputación da Coruña coma o Concello de Vimianzo nos conceden anualmente, sen elas non poderiamos desenvolver completamente algunhas das cousas que compartimos con máis cidadáns, coma por exemplo os importantes traballos de limpeza das marxes do río Grande. Desta actuación benefícianse non só os pescadores, tamén todos aqueles que se achegan a este fermoso lugar da Costa da Morte para pasear e gozar dun entorno natural, limpo e tranquilo. Para nós é un pracer e un orgullo poder comportilo con todas estas persoas.
Non nos esquecemos tampouco da colaboración, inda que non sexa económica sí é tamén moi importante, do Bar Restaurante Pastoriza de Vimianzo, do Bar o Cabazo e do Bar o Trabeiro da Ponte do Porto. Grazas a dispoñibilidade destes estabelecementos temos locais para desenvolver as nosas reunións, deseñar os nosos programas de actividades e reunirnos con regularidade para ir tratando e valorando o seu desenvolvemento anual.
Grazas a todos.

Como xa todos sabedes o campión do concurso anual de reo, ademais do corresponde trofeo, é declarado PUTO AMO.
Tan só me queda darlle os parabéns de tódolos socios a Juan Manuel Castro Fuentes que é o PUTO AMO 2013!!!!