lunes, 12 de marzo de 2012

Sinaturas acadadas. Firmas obtenidas.

Ao 12/03/2012 temos acadadas 1057 sinaturas. E seguimos sumando. A resposta e a colaboración están sendo moi boas. Grazas a tódolos que xa asinastes e aos que tamén difundides ou difundístedes esta recollida de sinaturas!!
Al  12/03/2012 tenemos recogidas 1057 firmas. Y seguimos sumando. La respuesta y la colaboración están siendo muy buenas. Gracias a todos los que ya habeis firmado y también a los que difundís o difundísteis esta recogida de firmas!!

Saludos.

jueves, 8 de marzo de 2012

Sinaturas "online"

Iniciamos tamén unha recollida de sinaturas "online" en apoio ao noso proxecto de creación dun acoutado de pesca no concello de Vimianzo, A Coruña, da que poden vostedes facer uso neste enlace:

http://www.peticionpublica.es/?pi=P2012N21762

Para obter máis información do asunto, ou coñecer un pouco do que vai a cousa poden facelo nestoutro enlace:

http://www.vadeando.com/foro/topic,1035.14/

Coido que entre todos seremos quen de arredar de nós certos intereses espúreos.
Saúdos a todos.

sábado, 3 de marzo de 2012

A loita segue

Seguimos loitando por un proxecto que entemos xusto, honesto e que cómpre facer antes de que sexa tarde. Non queremos caer no que dicía aquel que: "Agora que xa tiña o burro afeito a non comer, vai e morre!". A sociedade de Pesca Deportiva Neria está promovendo un proxecto que ten coma obxectivo principal coidar, protexer e, de ser posible, mellorar un tramo de río que está moi lonxe de ser o que foi.

Para poder acadar ese obxectivo cómpre que as actividades que agora se desenvolvan nel, neste caso a pesca, sexan adaptadas o estado actual do río. Por un lado, para que se poidan soster no tempo. Polo outro, e o máis importante, para mellorar o seu estado actual.

Dende a Sociedade de Pesca Deportiva Neria fixemos e presentamos un proxecto serio, baseado en estudos e mostras acadadas no mesmo río, que indican que é imperativo reducir e regular a presión de pesca neste treito de río.

Algúns, por naceren ou viviren a carón do río, pensan que lles pertence o cren ter máis dereitos nel caos demais cidadáns e a súa postura é oporse a todo o que non lles permita seguir facendo nel o que lles pete e mesmo cando a eles lles pete. Pero non argumentan para nada a súa postura, o único que fixeron foi acadar sinaturas para apoiar a súa posición contraria.

Sabedores de que os responsables políticos son sensibles a certos movementos, tiraron polo camiño máis doado, a rúa, o enfrontamento e a alburgada. Como sei que eses non son moi aló, por se algún deles le isto, alburgada é sinónimo de mentira. Digo isto, non coa intención de ofender, é que un dos que andan nesa pándega e se ten por escritor, unha vez vin como usaba gume coma sinónimo de fío, pero de fío coma de coser por exemplo. Resulta que o fío non ten gume, inda que gume sexa sinónimo de fío. Un machado, un fouciño, unha coitela, unha navalla, etc, si teñen fío digo gume. Gume tamén é o antónimo de cota. Esas ferramentas adoitan ter gume nun lado e cota no outro.

Pero voltemos o tema que nos ocupa. Xa que con estes elementos non hai con quen falar, e é imposible tentar convencelos das virtudes ou facerlles ver a parte positiva dun proxecto, temos que amosarlles aos responsables políticos que nós temos quen nos apoie, quen cre en nós. Por iso tamén imos facer unha campaña de recollida de sinaturas e ver quen acada máis apoios. Solicitamos o apoio de todos e todas as que teñades algún interese no coidado conservación e mellora da natureza e dos espazos naturais. Ao primeiro pensamos que poderían colaborar nisto os pescadores, as familias dos pescadores, amigos e coñecidos, pero a conservación da natureza é algo, ou debería, que nos atinxe a todos, por iso toda axuda é benvida e necesaria.

Os interesados poden desgargar a plantilla que aquí colgamos e facerlle cantas copias necesiten. Despois de cubertas pódense mandar directamente á Xunta polo rexistro do concello, por exemplo, ou de non ter tempo mandalos ao enderezo da Sociedade:
Sociedade de Pesca Deportiva Neria
O Peton, 14 - Berdoias
15128 vimianzo - A Coruña
De mandalos directamente, agradeceríamos que nos comunicasen a calquera dos correos electrónicos da Sociedade o número de sinaturas enviadas para levar unha contabilidade xusta das mesmas. Neste blog iremos regularmente actualizando o número de sinaturas acadadas é, de permitilo expresamente o autor ou autores da súa recollida, indicaremos tamén quen as acadou.

Como as augas continentais galegas son case que na súa totalidade de dominio público, este espazo perténcenos a todos, pescadores ou non. Polo tanto non se require ter licenza de pesca fluvial en vigor para apoiar esta iniciativa, podémola apoiar todos. Non obstante agradeceríamos moito que entre os apios recibidos se atopasen o maior número posible de persoas con licenza de pesca fluvial en vigor. Non se trata de facer diferenzas. Trátase dun proxecto xurdido dunha Sociedade de pesca, promovido por pescadores, do que evidentemente imos poder gozar todos, pero indudablemente os pescadores seremos e somos os que máis gozamos deles cando están ben coidados e teñen unhas poboacións con exemplares sans e que ocupan axeitadamente o leito fluvial. 

Saúdos.