domingo, 26 de junio de 2011

Retirando árbores mortas e caídas II



Por esta tempada damos por rematados os traballos de retirada de árbores mortas ou caídas. Desta vez demos continuación ás actuacións feitas no derradeiro día augas abaixo da Ponte Vella. Grazas aos eforzos dos nosos Socios deixamos limpo un tamo da marxe do río que estaba intransitable. É un pracer decatarse que grazas aos nosos traballos este lugar puido recuperar a beleza e o encanto perdidos.







Non foron doados os traballos vista a cantidade de árbores caídas e o grosor que tiñan algunhas delas. Os alí reunidos traballaron duro sen aforrar esforzos, nin tempo, para deixar o lugar limpo e rematado.








Tivemos a visita de dona Parrula e dos seus Parruliños!!








Como se pode ver os traballos foron duros, necesarios e feitos con interese e adicación. Tivemos que contar co apoio de maquinaria pesada para ser quen de facelos pero fixémolos!! Esta Sociedade de pesca ten un grupo de persoas coas que se poden encarar tódolos retos sen medo a fracasar. Grazas a todos pola vosa colaboración e...vémonos o mes que ven para seguir limpando marxes, accesos e retirar residuos sólidos (plásticos sobre todo) que agreden ao medio natural.

domingo, 19 de junio de 2011

Pescando no Limia



Vimos de pasar unha fermosa fin de semana de pesca no río Limia, gozando da beleza do entorno e dos nosos compañeiros.




Tamén gozamos, un pouquiño, sen abusar, da xenerosidade da natureza que nos rodeaba.








Estas son algunhas das vistas desta fermosa zona do río Limia, no concello de Bande.



Os madrugóns, a calor e o aconchego dos bidueiros convidaban a sesta.




Cada quen tentando poñer as súas moscas de "confianza".





Ao pouco xa entran as primeiras troitas!!



Uns tentando darlle coas afogadas e boia...







Outros estirando sedal pesado.



E tamén empezan a tensar liña!!













Comentarios e sorrisos, pola fermosura desta paisaxe, pola compañía e por unha nova saída de pesca que dexará moi bos recordos.




Un caudal moi baixo poñía difícil enganar troitas de bo tamaño, pero as capturas de troita inferior á talla legal foron numerosas. Tamén vimos, no leito, algunhas troitas moi fermosas e quedamos convencidos que é un río interesante para pescar e, a pouco que se teña a sorte de visitalo cun caudal máis importante, de seguro que fará pasar bos momentos a quen o visite.


O noso agradecemento ao Restaurante Hostal Trébol de Bande pola boa acollida, o mellor trato, a súa boa cociña e a súa colaboración para facernos máis doadas e pracenteiras estas xornadas de pesca. Malia que nós madrugamos para ir ao río,( levantábamonos ás seis e media da mañá), non saímos sen tomar café. Éramos servidos antes de marchamos para o río. Todo un detalle!!
Grazas. Moitas Grazas a Maribel e a Fernando.