martes, 22 de enero de 2013

martes, 15 de enero de 2013

Discrecionalidade, Arbitrariedade e outras “dade” ou máis ben “tomade”, ou do que fan cos cartos PÚBLICOS na Deputación da Coruña.


Permítome chamar discrecionalidade á facultade da Administración de actuar libremente dentro dos lindes que a Lei lle permite ou a habilita para facelo. Asúmese que o poder discrecional da Administración foi e é sempre lexítimo. A Exposición de motivos da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa de 1956 dicía, máis ou menos, que a discrecionalide xurde cando o ordenamendo xurídico atribúe a algún órgano competencia para apreciar, nun suposto dado, o que é de interese público.

A nosa Constitución, a do 1978, non modificou en nada o tema da discrecionalide da Administración, non obstante, consagrou o principio da interdicción da arbitrariedade. Neste senso o Tribunal Supremo, en Sentenza 26 de octubre de 1995 di que a necesidade de motivar os actos administrativos discrecionais…fundaméntase no artígo 9.3 da Constitución que garante a interdicción da arbitrariedade dos Poderes públicos, mentras que a necesidade de que os actos administrativos regulados se axusten as normas que os habilitan ven imposta polo propio artígo 9 da Constitución que é o garante do principio de legalidade.

Cabe preguntarse; Que é o que fai que un acto discrecional se convirta en arbitrario? Cal é a diferenza? Ocórreseme principalmente a motivación, a necesidade de motivar os actos administrativos. Pola motivación poderemos coñecer as razóns nas que se fundamenta unha decisión, como moi ben sabemos todos, unha cousa son os motivos e outra a motivación.

Cando falamos de asociacións, estas están sometidas á Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación. Esta Lei no seu artigo 4.5 di específicamente que: Os poderes públicos non facilitarán ningún tipo de axuda ás asociacións que no seu proceso de admisión ou no seu funcionamento discriminen por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou cualquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

Temos asociacións das que tan só poden ser socios os nacidos no concello no que ten o seu domicilio social ou a súa actividade esa asociación,  xa podemos falar de discriminación por razón de nacemento. Logo temos outras das que tan só poden ser socios propietarios, ou veciños dun determinado lugar, agora xa falamos de discriminación por circunstancias persoais ou sociais. Malia todo iso, algunhas  destas asociacións acoden ás convocatorias de axudas públicas da Deputación da Coruña. Como non se publicou a listaxe das entidades que obtiveron axudas públicas no 2012 e, neste senso seguimos co oscurantismo que a Lei lles permite ao non ter a Deputación a obriga de facer públicas aquelas axudas inferiores a unha determinada cantidade, non cabe outra posibilidade ca de acodir as vías que a lexislación vixente nos deixa abertas. 

Resulta curioso que a Lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, recolla no seu preámbulo que a participación da cidadanía nos asuntos públicos se conforma hoxe coma un elemento fundamental…,e logo se actúe, dende algunha desas administracións, cunha total falta de transparencia, chegando mesmo a facer do silencio administrativo unha norma. Por isto, pola falta de motivación e, xa que logo, de transparencia, quedan as vías expeditas a toda clase de interpretacións sobre cales son realmente os motivos da concesión, ou rexeitamento, das axudas públicas da Deputación da Coruña ás entidades sen ánimo de lucro.

 

Manuel Mouzo Méndez.





viernes, 11 de enero de 2013

Actividades 2013

09/02/2013 Social Mar-Praia en Lourido

Reunímonos ás 19,00 horas na praia de Lourido (Muxía)


Coidado co Volante!!