sábado, 5 de diciembre de 2015

Entrega de premios 2015
















Coa tradicional entrega anual de premios desenvolvemos o derradeiro acto da tempada 2015. Parabéns a todos, premiados ou non. Sodes todos vos, os nosos socios, os que facedes a forza da nosa sociedade e desenvolvedes as nosas actividades a prol do noso medio natural e da pesca. Se ben, o noso amplo calendario de actividades no sería posible sen a colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Vimianzo. A estas dúas institucións públicas tamén lle achegamos o noso recoñecemento e agradecemento en nome desta nosa pescantil familia. Que pasades todos unhas boas festas e para o vindeiro 2016...máis e mellor!! Ou iso tentaremos.

domingo, 26 de julio de 2015

Social Salmonidos Lance 2015

Despois dunha entretida e nada soleada xornada de pesca na que un dos protagonistas principais foi  o excelente avituallamento, o que axudou, e non pouco, a manter amorriñados ao longo de boa parte da segunda manga a algúns do participantes, o resultado final do Social Salmónidos Lance 2015 foi o que segue:




A maior captura do social: Troita de 41 cm pillada por Marcelo e que a posteriori foi decisiva para que acadase o terceiro posto, clasificatorio para o provincial 2016.