lunes, 27 de septiembre de 2010

As derradeiras actividades da tempada 2010

Foi un éxito a conferencia sobre medio ambiente de Camariñas. Os poñentes; de esquerda a dereita: José Mira Turnes "Pepe Mira", Mark Adkinson e Santiago Fraga Sáenz foron quen de facernos chegar aos asistentes a súa mensaxe, ata tal punto que non foi necesario rogarnos - aos asistentes - a nosa participación no debate, fixémolo de xeito natural e expontáneo entendendo e comentando, nun ou noutro senso, as palabras e as exposicións destes poñentes que tiveron unha maneira maxistral de encarar e desenvolver este acto e de transmitir os asuntos e os contidos das súas charlas ao público.
Grazas a mestría destes homes saímos todos máis informados e comprometidos co coidado e mantemento dos bens naturais - que son moitos - da nosa comarca. Grazas aos tres. Moitas grazas por esta - máis que conferencia - eu diría CLASE MAXISTRAL!!

Despois encarámonos todos para Carnés e en Casa Ferrín gozamos dun verdadeiro festín. Xantar que tradicionalmente vimos facendo sempre o derradeiro sábado de setembro e que sempre é un acontecemento moi agardado. O trato exquisito que recibimos en Casa Ferrín, a calidade e xenerosidade da súa cociña, a boísima conferencia a que víñamos de asistir, a entrega dos premios do campeonato de pesca do reo e o alto nivel deste grupo humano foron os ingredientes dunha nova xornada que - coma antes outras - lembraremos e comentaremos moitos anos.


A señora de Moncho entregoulle o terceiro premio, despois dun sorteo entre el e Juan, a José Manuel, que por un día non foi o máis grande - en altura - das nosas xuntanzas. Cando lle foi presentado Mark Adkinson di José Manuel "que grande és carallo".


Montse entregoulle a Carlos o segundo premio. QUE BONITO É O AMOR!!


Este ano Carlos foi o que máis reos pillou ao longo da tempada e sen dúbida o que ten a media de peso por reo pillado máis alta, inda que o máis grande da tempada o pillase José Manuel.



Outros, como non nos foi tan ben, temos que contentarnos como podemos. Nonsí Antonio? Pero, eso si, grazas a unha doazón do Bar Pastoriza de Vimianzo puidemos presumir dunha medalla conmemorativa deste campionato colgada no pescozo. Grazas Pastoriza!!


Os tres gañadores do concurso 2010.



Premio Concello de Camariñas

Premio Caixa Galicia

Premio Deputación da Coruña

Véselles nas caras unha ledicia que sen dúbida compartimos todos. As moitas xornadas que xuntos pasamos, tanto pescando coma limpando o Couto ou Sinalizando, en definitiva mantedoo no mellor estado posíble, fan que nos sintamos como un grupo moi identificado uns cos outros.
Os nosos agradecementos a todos aqueles que colaboraron connosco ao longo do ano, sen a súa axuda todo isto non sería posible.
- Xunta de Galicia.
- Deputación da Coruña.
- Concello de Camariñas.
- Caixa Galicia, sucursal de vimianzo.
- Bar O Pescador de Baio.
- Bar Chalana de Camelle.
- Casa Ferrín de Carnés.
- Bar Pastoriza de Vimianzo.
- Publisoneira de Vimianzo.
- Casa Sabino da Ponte do Porto.
-Xoiería Victoria de vimianzo.
E a todos aqueles ou aquelas que dunha maneira ou doutra nos botaron unha man. Grazas a todos e todas!!
-







No hay comentarios:

Publicar un comentario