viernes, 23 de julio de 2010

No muíño da Cota






As moitas festas destes días e outros acontecementos, públicos ou privados, fixeron que o pasado sábado 17 nos atopásemos tan só cinco socios na limpeza e acondicionamento do entorno do muíño da Cota e da senda pola beira do río dende Lelo ata as Barrozas.
O ánimo, bo ambiente e ganas de embelecer aquela contorna non faltaron e axudaron a facernos máis levadeira a tarefa.







Temos entre nós un novo voluntario, o máis novo da cuadrilla. Púxolle moita ilusión e ánimo de colaborar e axudar!! Grazas Clemente!! Benvido!!

Mirade o que nos acaba de chegar!!




Para o orzamento que presentamos, contando tan só co gasto que poderiamos xustificar, xa que entre outros, non se inclúen nin a maquinaria nin as horas achegadas polos socios, ollade, ollade a xuda que nos conceden!!
Isto é para rir ou chorar? Non sei moi ben pero...
Menos mal que xa agardábamos algo así e en troques de alugar ou mercar maquinaria, fomos os socios os que a achegamos.
Isto... Mellor calo!!
Nós movilizamos recursos humanos (socios), técnicos (maquinaria) e ata económicos para que logo nos traten deste xeito, grrrrrrr!!
Amósannos a todos o que lles interesa a Costa da Morte. Ou o único couto de Reo na nosa comarca !! Ou unha Sociedade de Pesca que non chora esforzos por mantelo, coidalo ou melloralo e "racanean" con ela.
Para outras cousas hai cartos carallo!! E non os choran non!!
Van por bo camiño!! Que sigan, eles que sigan tratando as Asociacións que non lles renden latría de mingurrias. Xa veremos quen son os febles xa!!
Algún "listillo"argüirá..."se non vos convén deixao". O que acontece é que nós non o facemos por comenencia senón por paixón e porque vemos nese río algo máis que un lugar para sacar peixes.
Comunícovos (aos socios) que a retirada de árbores caídas prevista para agosto non se fará. Non podemos executar a totalidade do orzamento con esta porcentaxe de axudas. En algún caso é inferior ao do IVE!!
Para o vindeiro ano a parte máis importante da nosa dispoñibilidade económica será destinada a levar adiante esa retirada, ou ao mellor aínda temos sorte!! E se veñen fortes enchentas no inverno a forza da auga acabará levándoos río abaixo. Se provocasen danos xa saberemos a onde ollar para ver de atopar responsabilidades.
Son tempos duros para todos enténdoo perfectamente pero non estamos a falar de cantidades que non poidan ser asumidas visto o traballo que se fai e as melloras e resultados que se acadan.
Ou senón por qué non se estuda a posibilidade de subir o prezo dos permisos de pesca? Coido que sería positivo para todos. Agora como son moi baratos a meirande parte deles non se aproveitan. Diso pódese decatar calquera!! Hai coutos de pesca nos que non quedan permisos xa dende antes do comezo da tempada de pesca e logo cando te achegas a pescar o día que ti tes permiso non ves a ninguén pescando ou como moito a un par de pescadores.
Iso tamén sería "optimizar recursos".






No hay comentarios:

Publicar un comentario