lunes, 12 de julio de 2010

No Campionato de Mar-Praia

O Subcampión.

Os primeiros participantes en chegar á praia, tentando ollar o estado do mar, do vento e do praia, moi importante, para ver ou comprobar os "bancos" da area dende a derradeira visita.


Moncho, Covas e Carlos tentanto facer uns lances para probar fortuna nun cornecho da praia. Moncho sería ao final o segundo clasificado neste campionato.


Covas loitando coas ondas...






...E agasallándonos sempre coa súa ilusión e predisposición a pasar un fermoso momento entre compañeiros. Cousa ben doada, o de pasar fermosos e inesquecibles momentos xuntos, tendo entre nós a persoas coma este SEÑOR que tan só coa súa presenza fai que os demais nos sintamos mellores.



Para algúns de nós, entre os que me conto, é un pracer e unha ledicia terche con nosco de novo Carlos. As xornadas de pesca non son iguais sen ti. Benvido de novo!!





Algúns non puideron resistir á tentación de "chivear" ás ondas dende as rochas. Hay que decir que o estado do mar para ese mester era envidiable.




Peixe non se pillaba moito pero "ensalada" a barullo






"Chucho do Volante" así coma quen non quere a cousa clasificouse no terceiro posto da proba.


O noso CAMPIÓN!! Marcos. Cargado co seu material e o do pai. Parabéns Marcos. É un pracer que gañases este Campionato. Primeiro porque és un moi bo pescador, segundo porque és aínda mellor compañeiro e terceiro pola túa humildade, o teu saber estar e a túa dispoñibilidade a colaborar sempre nas actividades da Sociedade de Pesca. Que gañes moitos máis!!



O MESTRE, Curra unha ledicia contar con compañeiros coma él. Sabe moito de pesca de mar, moito, moito. Pero sempre está disposto a botar unha man ou a dar un bo consello...a quen , él entende que o merece claro, pois o que ten de tonto pode ben con el. Enténdese que Marcos sexa tan bo pescador e tan boa persoa, TEN UN BO MESTRE NA CASA!!





!!!CAMPIÓN!!!



Síntoche ben non ter obtido unha foto de mellor calidade Chuho. Pero xa sabes que era noite e eu son moi malo coma reporteiro fotográfico e non dei regulado a cámara axeitadamente para esas condicións. Perdoa. Fágoche un trato, no vindeiro eu tentarei entender un pouco mellor a cámara e ti tentarás de pillar robalizas desas, así poderemos facer moitas máis fotos e correxir os erros. Dito isto, parabéns pola captura e polo terceiro posto do Campionato.



Aqueles que non estades neste reportaxe espero que me desculpedes. En vindeiros Campionatos tentarei que saiades os ausentes neste. De non poder ser todos, alomenos algúns si e pouco a pouco xa iremos estando todos.
Grazas a todos pola vosa participación e de novo Noraboa aos premiados.
No vindeiro máis e mellor!!
Ou iso espero!!
O noso agradecemento á Diputación da Coruña, ao Concello de Vimianzo e ao Bar O Pescador de Baio, que fan posible que teñamos tantas actividades sociais e con tanto éxito!!



























No hay comentarios:

Publicar un comentario