miércoles, 2 de junio de 2010

Explicando que é xerundio

Coido que a todos aqueles visitantes deste blog, simpatizantes, amigos, coñecidos e descoñecidos, lles debo unha explicación polo ton e o contido do artigo que colguei sobre os comentarios que se fixeron de algúns dos nosos en "wadeando".

Cando hai que tratar con xente cuxo hábitat natural é a rede de sumidoiros, non queda outra que meterse na merda. Merda na que eles están a cotío e coa que tentan emporcallar aos demais.

Son ratas, tan só ratas que o que merecen é a nosa indiferencia, sempre e cando estean no seu hábitat e non tenten invadir ou transmitir as súas enfermidades aos hábitats alleos.

Son xente lúgubre e cun interese malsán en dominar a pesca galega. Mesmo se teñen que denigrar a pesca galega e aos seus xestores para acadar os seus fins espúreos farano.

Evidentemente a aqueles que teñan a ousadía de facer ou dicir algo que vaia en contra dos seus fuscos desexos hai que envurrullalos de merda. Como no seu hábitat diso teñen canta queren, pois..., espallan, espallan e espallan. Logo claro, coma ratas que son, covardes e fuxidizas, saen en mandas son "trupeiros", non vaia ser que atopen polo camiño a algún gato.

Adoitan vivir ao aconchego das tebras, aproveitando as farangullas alleas, pero de tempo en tempo algunha saca a cabeza fóra para tentar saquear despensas alleas e aproveitarse do traballo e a suor doutros.

Algunha vez atopan a alguén cunha basoira na man e non ousan irlles cara a cara, entón atacan aos do seu arredor. Destavez non tiveron sorte.

Publicaronse no blog as capturas destes rapaces:

1º- Porque son dúas excelentes capturas.

2º- Eles son dúas magníficas persoas.

3º- Respetan escrupulosamente a Lei, non coma outros que veñen de pesca ao Couto sen morte do Xallas/Beba.

4º- Hónrase a dous socios que son deses que hai imprescindibles en tódalas Sociedades, sexan de pesca ou non.

Por iso, que tenten encherme a min de merda, non me importa, eu sempre collo as cousas como de quen veñen, pero que metan no medio a estas dúas persoas, non o aturo.

Aqueles que me coñecedes sabédelo e para os que non me coñezades dígovolo: Eu, defendo aquilo no que creo e a aqueles nos que creo ata as derradeiras consecuencias. Por iso me envelenei.

Coa de peixes mortos que aparecen a cotío en foros, blogs ou páxinas Web..., que veñan tocalos collóns por estes dous reos...!! Máis aínda cando non é a primeira captura que se publica...!!

Por conseguinte, enténdese claramente que o único que pretendían era encher de merda este blog.

Seguirei, seguiremos facendo o mesmo. Defender, promocionar, fomentar e practicar a pesca galega, isto inclúe tamén á pesca con RISCO e un horario axeitado para a súa práctica.

Porque vexamos: Reos a cola de rata? Moi ben!! Por suposto!! Pero nun Couto de Pesca coma o de Ponte do Porto, estreito, pouco profundo e que sofre moito do estío, "pasear" polo cauce do río todo o día coma se dunha senda pedestre se tratase, neste caso acuática, para "traballar" coa cola de rata... é normal? Non discuto nin falo da súa legalidade. Ou é que aquí uns son pescadores de "pata negra" e outros somos de "pata enlamada"? Pero se mesmo os que a practican, cando ven a outros "pisándolles" o río comentan connosco o seu disgusto!! así que...

Regulemos, lexislemos, pero tamén dotémonos dos medios necesarios para velar polo cumprimento desas regras e Leis. Despois, dentro da Lei, cadaún que actúe e faga conforme as súas ideas e a súa conciencia e ninguén ten que darlle leccións a ninguén. Nin tampouco ten ninguén, sempre que estea dentro da Lei, porque aturar leccións doutros.

Pois ben amigos visitantes... Dixen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario