jueves, 5 de mayo de 2016

Nova e interesante competición con e para a boa xente




BASES:          

1)      Só se pode pescar cunha cana pero poderase ter unha ou máis canas dispostas e en repouso.

2)      As capturas deberán de serlles presentadas ao control dentro dun trueiro. O trueiro non poderá ter, completamente estendido, unha lonxitude maior de 122 cm. A rede deberá ser de algodón ou outro material non abrasivo.

3)      A adxudicación dos dorsais farase por sorteo e a distribución dos dorsais nos respectivos tramos é a que consta no anexo ás presentes bases. Nos tramos pescarán ao mesmo tempo dous deportistas dun equipo que serán controlados por outros dous deportistas doutro equipo

4)      A reunión dos pescadores cos controis farase na parte baixa do inicio do tramo.

5)      Material permitido:

1. Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12 pes).
2. Carretes. De uso opcional sexa manual ou automático, de bobina fixa ou xiratoria.
3. Sedelas. Exclusivamente de monofiamento nos seus diferentes tipos e diámetros.
Non se permite:
Utilizar boias ou buldós deslizantes sobre a sedela ou baixo de liña. Terán que estar fitos á mesma.
Cebos (Só culleriñas e moscas artificiais):
a) Culleriñas: xiratorias ou ondulantes simples en calquera das súas variantes e cun só anzol, pero sen plumas, pelos, la, etc.
b) Un máximo de tres moscas artificiais co uso da boia ou buldó (fitos na sedela ou baixo de liña)
c) Os anzois, tanto das moscas como das culleriñas deberán estar desprovistos de arponciño ou semellante, ou ben telo totalmente inutilizado, de xeito que non fagan resistencia algunha ó desanzolado.

6)      Ó longo da proba, calquera control pode pedir o exame os aparellos de pesca dun pescador.

7)      O deportista que non se presente, ou abandone a proba ou a acción de pesca, antes da hora oficial, perderá o seu dereito á clasificación e a continuar na proba.

8)      Para calquera outra norma non descrita anteriormente aterémonos ó regulamento da FEPYC.

9)      Serán capturas válidas as pezas de 17cms. ou mais, medidas dende o extremo da boca ate a punta da cola.

10)  Os trofeos aos tres primeiros equipos clasificados seranlles entregado na cea de clausura e entrega de premios.

Máis información: spd.neria@gmail.com


ANEXO:

I OPEN POR EQUIPOS SALMONIDOS LANCE. XALLAS 2016
POSTOS
1
2
3
4
5
6
7
8
1ª QUENDA DA 1ª MANGA
PESCADORES
A1 – A2
B1 – B2
C1 – C2
D1 – D2
E1 – E2
F1 – F2
G1 – G2
H1 – H2
CONTROIS
F3 – F4
E3 – E4
H3 – H4
G3 – G4
A3 – A4
B3 – B4
C3 – C4
D3 – D4
2ª QUENDA DA 1ª MANGA
PESCADORES
E3 – E4
F3 – F4
G3 – G4
H3 – H4
B3 – B4
A3 – A4
D3 – D4
C3 – C4
CONTROIS
A1 – A2
B1 – B2
C1 – C2
D1 – D2
E1 – E2
F1 – F2
G1 – G2
H1 – H2
1ª QUENDA DA 2ª MANGA
PESCADORES
D3 – D4
C3 – C4
B3 – B4
A3 – A4
G3 – G4
H3 – H4
E3 – E4
F3 – F4
CONTROIS
E1 – E2
F1 – F2
G1 – G2
H1 – H2
B1 – B2
A1 – A2
D1 – D2
C1 – C2
2ª QUENDA DA 2ª MANGA
PESCADORES
F1 – F2
E1 – E2
H1 – H2
G1 - G2
A1 – A2
B1 – B2
C1 – C2
D1 – D2
CONTROIS
D3 – D4
C3 – C4
B3 – B4
A3 – A4
G3 – G4
H3 – H4
E3 – E4
F3 – F4







1 comentario: