domingo, 27 de abril de 2014

Campanu do Eo 2014

Repítese a historia, mesmo lote, mesmos pescadores e mesmo resultado. Antonio Barreiro foi de novo o pescador galego que tivo a honra de botar á terra o primeiro salmón da tempada 2014 do río Eo, ao igual co ano pasado este lance deuse no lote catro da Pontenova, O Cairo, sobre as 12,00 horas deste 27 de abril que marcou o inicio da tempada de salmón en Asturias e, por mor de ter o Río Eo varios lotes compartidos cos nosos veciños Asturianos, tamén para este cauce fluvial.




O campanu do Eo deste ano foi un salmón moito máis modesto, en peso e tamaño, co do ano pasado. Antonio quédase o exemplar, coma sempre, para compartilo cos demais membros da terna, entre eles o seu compañeiro de aventuras, tanto polas augas patrias coma fóra delas, Antonio Rodríguez.




Parabéns, unha vez máis, a estes formidables amigos, compañeiros e pescadores que, pouco a pouco, van agradando a súa lenda coma os magníficos representantes que son desta magnífica actividade que é a pesca fluvial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario