sábado, 20 de julio de 2013

Traballos xullo 2013


Nesta xornada acadouse un obxectivo que ven de dous anos atrás cando nos propuxemos sanear un treito da marxe dereita do río na que, por mor da invasión das mimosas, a flora autóctona fora enteiramente arrasada.
 

E inda que esa circunstancia xa é da por si mesma unha verdadeira mágoa, tamén daba carraxe ollar como a continua caída de mimosas, unhas por enriba das otras, formaban unha masa de leña que afeaba moitísimo o río e producía unha sensación de seixadez e abandono que non resultaba nada cómoda para nós.






Estas liñas están entre as imaxes do anaco que acadamos limpar o ano pasado e vese que, de momento a invasión das mimosas parouse. O seguinte reto será tentar que a nosa flora autóctona colonice de novo este lugar.


















Isto pode darnos unha idea do importante traballo feito, permitíndonos ver un pouco como un treito cheo de entullos e leña recuperou a súa fermosura. So cómpre tentar manter estas prantas invasora máis controladas e que as que antes estaban volten a recuperar o seu lugar




 BEN ESTÁ O QUE BEN SE FAI!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario