Couto da Ponte do Porto

Couto da Ponte do Porto
Presa de Lelo

sábado 30 de julio de 2011

Ao pé do río un día máis


Con ánimo, coma sempre, estivemos un día máis polas beiras do río Grande tentando, se é posible, facelo máis fermoso e acolledor.



Desta vez foi Mon o "rei da motoserra". Como se pode ver, árbores secas e caídas foron retiradas e cortadas en anacos que nos permitisen manipulalas doadamente para retiralas da marxe do río.



















Desta vez Jaime non quiso correr riscos e tomou a decisión de facer soíño a reposición dos sinais que desapareceran en algúns puntos do río. Ou que algún "colaborador" se encargara de, despois de partirlle o poste, depositar en algún lugar "estratéxico".



Pero o noso xa debe ser, ou de enfermidade ou de vicio. Xa estamos ollando lugares e organizando os traballos necesarios para o vindeiro ano!! E como se pode ollar...Traballo non nos vai faltar!! Agora ben, co ánimo que nós temos e co ben que lle queremos a este "recuncho máxico" de seguro que non quedadrá sen facer!!







0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada