Atopei isto e coido que é moi bo e moi interensante, paga a pena lelo.
http://www.conmosca.com/modules.php?name=News&file=article&sid=2910&mode=&order=0&thold=0
martes, 22 de enero de 2013
martes, 15 de enero de 2013
Discrecionalidade, Arbitrariedade e outras “dade” ou máis ben “tomade”, ou do que fan cos cartos PÚBLICOS na Deputación da Coruña.
Permítome chamar discrecionalidade á facultade da Administración de actuar libremente dentro dos lindes que a Lei lle permite ou a habilita para facelo. Asúmese que o poder discrecional da Administración foi e é sempre lexítimo. A Exposición de motivos da Lei da Xurisdición Contencioso Administrativa de 1956 dicía, máis ou menos, que a discrecionalide xurde cando o ordenamendo xurídico atribúe a algún órgano competencia para apreciar, nun suposto dado, o que é de interese público.
A nosa Constitución, a do 1978, non modificou en nada o
tema da discrecionalide da Administración, non obstante, consagrou o principio
da interdicción da arbitrariedade. Neste
senso o Tribunal Supremo, en Sentenza 26
de octubre de 1995 di que a
necesidade de motivar os actos administrativos discrecionais…fundaméntase no
artígo 9.3 da Constitución que garante a interdicción da arbitrariedade dos Poderes
públicos, mentras que a necesidade de que os actos administrativos regulados se
axusten as normas que os habilitan ven imposta polo propio artígo 9 da
Constitución que é o garante do principio de legalidade.
Cabe preguntarse; Que é o que fai que un acto discrecional
se convirta en arbitrario? Cal é a diferenza? Ocórreseme principalmente a
motivación, a necesidade de motivar os actos administrativos. Pola motivación
poderemos coñecer as razóns nas que se fundamenta unha decisión, como moi ben
sabemos todos, unha cousa son os motivos e outra a motivación.
Cando falamos de asociacións, estas están sometidas á Lei
Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación. Esta Lei
no seu artigo 4.5 di específicamente que: Os poderes públicos non facilitarán
ningún tipo de axuda ás asociacións que no seu proceso de admisión ou no seu
funcionamento discriminen por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión
ou cualquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
Temos asociacións das que tan só poden ser socios os
nacidos no concello no que ten o seu domicilio social ou a súa actividade esa
asociación, xa podemos falar de
discriminación por razón de nacemento. Logo temos outras das que tan só poden
ser socios propietarios, ou veciños dun determinado lugar, agora xa falamos de
discriminación por circunstancias persoais ou sociais. Malia todo iso,
algunhas destas asociacións acoden ás
convocatorias de axudas públicas da Deputación da Coruña. Como non se publicou
a listaxe das entidades que obtiveron axudas públicas no 2012 e, neste senso
seguimos co oscurantismo que a Lei lles permite ao non ter a Deputación a
obriga de facer públicas aquelas axudas inferiores a unha determinada
cantidade, non cabe outra posibilidade ca de acodir as vías que a lexislación
vixente nos deixa abertas.
Resulta curioso que a Lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, recolla no seu preámbulo que a participación da cidadanía nos asuntos públicos se conforma hoxe coma un elemento fundamental…,e logo se actúe, dende algunha desas administracións, cunha total falta de transparencia, chegando mesmo a facer do silencio administrativo unha norma. Por isto, pola falta de motivación e, xa que logo, de transparencia, quedan as vías expeditas a toda clase de interpretacións sobre cales son realmente os motivos da concesión, ou rexeitamento, das axudas públicas da Deputación da Coruña ás entidades sen ánimo de lucro.
Resulta curioso que a Lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, recolla no seu preámbulo que a participación da cidadanía nos asuntos públicos se conforma hoxe coma un elemento fundamental…,e logo se actúe, dende algunha desas administracións, cunha total falta de transparencia, chegando mesmo a facer do silencio administrativo unha norma. Por isto, pola falta de motivación e, xa que logo, de transparencia, quedan as vías expeditas a toda clase de interpretacións sobre cales son realmente os motivos da concesión, ou rexeitamento, das axudas públicas da Deputación da Coruña ás entidades sen ánimo de lucro.
Manuel Mouzo Méndez.
viernes, 11 de enero de 2013
Actividades 2013
09/02/2013 Social Mar-Praia en Lourido
Reunímonos ás 19,00 horas na praia de Lourido (Muxía)
Coidado co Volante!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)