sábado, 28 de mayo de 2011
Campionato de Mar-Costa en Touriñán
Nunha fermosa mañá, índa que o forte vento foi o compañeiro máis teimudo da xornada, fixemos o Campionato de Mar-costa no cabo touriñán (concello de Muxía). Enriba e enbaixo destas liñas temos a "Chucho do Volante" que foi o terceiro clasificado.
Por aquí anda o outro "Volante", Pepe. Pique o peixe ou non, nunca perde o sorriso nin o bo humor. É sempre unha ledicia pescar na súa compaña.
Os irmáns "Volante"
Unha das poucas imaxes nas que sae o "Presi"
Marcos Curra, coma sempre animando a xornada e enchéndoa de ilusión.
Os dous Curra, pai e fillo. Un equipo formidable. Desta volta o pai acadou o primeiro posto e Marcos foi segundo. Noraboa aos dous!!
O CAMPIÓN!!
Algún dos participantes con parte das capturas feitas nesta xornada, na que o bo ambiente e o compañeirismo foron REIS!!
Agradecementos a tódolos participantes e, sinalar que a colaboración do Concello de Vimianzo e da Deputación da Coruña coa nosa Sociedade, fan posible que teñamos tantas actividades. O noso agradecemento a estas dúas institucións!!
domingo, 1 de mayo de 2011
O primeiro día da tempada 2011 na Pte. do Porto
José Manuel coa primeira troita capturada na tempada 2011 no Couto de Pesca da Ponte do Porto con cola de rata.
A captura foi feita a mosca seca.
Datos:
Pescador: José Manuel
Modalidade: Cola de rata
Tipo de Cebo: Mosca Seca
Denominación do Cebo: "A Infalible"
Montador da Mosca: Carlos
José Manuel e Carlos en plena faena o primeiro día da tempada 2011 na Ponte do Porto. Estes dous fan un bo equipo!! Ademais de capturar José Manuel a primeira troita da tempada a cola de rata neste Couto, foi Carlos o autor da imitación que a enganou e tamén acadou a primeira captura de reo deste Couto nesta tempada.
Noraboa aos dous!! Que sigades sempre gozando do río, do reo e da pesca, como o facedes agora!!

Jaime en Verdes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)