lunes, 13 de junio de 2011

Retirando árbores mortas ou caídas I


Voltamos, unha vez máis, ás beiras do couto da Ponte do Porto para seguir mantendo, ou alomenos tentar manter, nas mellores condicións posibles este fermoso cornecho.
Mentres uns se adicaban limpar coas desbrozadoras outros retiraban, das marxes, árbores mortas ou caídas que non só estorbaban, senón que tamén afeaban, e seguen facéndoo algunhas, pois índa non rematamos, este couto. Pero voltaremos máis días!!



































Retirando unha árbore morta que no momento na que a estábamos cortando caenos no río. Menos mal que contábamos coa axuda do tractor coa grúa senon...



sábado, 28 de mayo de 2011

Campionato de Mar-Costa en Touriñán



Nunha fermosa mañá, índa que o forte vento foi o compañeiro máis teimudo da xornada, fixemos o Campionato de Mar-costa no cabo touriñán (concello de Muxía). Enriba e enbaixo destas liñas temos a "Chucho do Volante" que foi o terceiro clasificado.









Por aquí anda o outro "Volante", Pepe. Pique o peixe ou non, nunca perde o sorriso nin o bo humor. É sempre unha ledicia pescar na súa compaña.








Os irmáns "Volante"



Unha das poucas imaxes nas que sae o "Presi"






Marcos Curra, coma sempre animando a xornada e enchéndoa de ilusión.




Os dous Curra, pai e fillo. Un equipo formidable. Desta volta o pai acadou o primeiro posto e Marcos foi segundo. Noraboa aos dous!!





O CAMPIÓN!!




Algún dos participantes con parte das capturas feitas nesta xornada, na que o bo ambiente e o compañeirismo foron REIS!!









Agradecementos a tódolos participantes e, sinalar que a colaboración do Concello de Vimianzo e da Deputación da Coruña coa nosa Sociedade, fan posible que teñamos tantas actividades. O noso agradecemento a estas dúas institucións!!