sábado, 28 de mayo de 2011

Campionato de Mar-Costa en Touriñán



Nunha fermosa mañá, índa que o forte vento foi o compañeiro máis teimudo da xornada, fixemos o Campionato de Mar-costa no cabo touriñán (concello de Muxía). Enriba e enbaixo destas liñas temos a "Chucho do Volante" que foi o terceiro clasificado.









Por aquí anda o outro "Volante", Pepe. Pique o peixe ou non, nunca perde o sorriso nin o bo humor. É sempre unha ledicia pescar na súa compaña.








Os irmáns "Volante"



Unha das poucas imaxes nas que sae o "Presi"






Marcos Curra, coma sempre animando a xornada e enchéndoa de ilusión.




Os dous Curra, pai e fillo. Un equipo formidable. Desta volta o pai acadou o primeiro posto e Marcos foi segundo. Noraboa aos dous!!





O CAMPIÓN!!




Algún dos participantes con parte das capturas feitas nesta xornada, na que o bo ambiente e o compañeirismo foron REIS!!









Agradecementos a tódolos participantes e, sinalar que a colaboración do Concello de Vimianzo e da Deputación da Coruña coa nosa Sociedade, fan posible que teñamos tantas actividades. O noso agradecemento a estas dúas institucións!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario