sábado, 13 de febrero de 2010

Horario de pesca do reo

ANEXO XIII
Horario de pesca do reo para todos os ríos de Galicia
Apertura Peche
Do 1 ao 15 de maio 6.06 22.53
Do 16 ao 30 de maio 5.53 23.08
Do 1 ao 15 de xuño 5.49 23.17
Do 16 ao 30 de xuño 5.53 23.20
Do 1 ao 15 de xullo 5.54 23.20
Do 16 ao 31 de xullo 6.03 23.14
Do 1 ao 15 de agosto 6.19 22.58
Do 16 ao 31 de agosto 6.34 22.40
Do 1 ao 15 setembro 6.51 22.12
Do 16 ao 30 setembro 7.06 21.47

Como podedes ollar, os incompetentes e ignorantes que temos no Servizo de Conservación da Natureza, veñen de amosarnos unha vez máis que para eles a Costa da Morte non existe, ou se existe non lles importa prexudicala, marxinala e esquecela.
Para estes impresentables semella que o sol se pon á mesma hora no Sor ou no Eo que nas ribeiras do río Grande. Queren que os pescadores do río Grande fagamos un sereno máis curto que os demais, aínda que o prezo dos permisos sexa o mesmo para todos.
Estes carallos, non se decatan que este horario vai contra a Lei de Pesca? Agardemos que o muden axiña ou terán cumprida resposta.
Ide cavilando no que podemos facer, eu agora non podo. Só me veñen á cabeza as nais destes túzaros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario