domingo, 16 de junio de 2013
Traballos de limpeza en xuño 2013
Este domingo reiniciamos os traballos de tala de mimosas e retirada dos restos.
Traballos duros e complicados, que tan só a satisfacción de ver o resultado xa paga a pena facelos, inda que iso si, vanse facendo con coidado, paciencia e uns sorrisos.
lunes, 27 de mayo de 2013
Andivo Juan aló polas terras do Esva facendo das súas!! Pillou este fermoso salmón de casi seis kilos de peso despois dunha dura pelexa. O animal seica deparou un esplendoroso e longo combate no que todos os presentes se puxeron dos nervos, agás Juan, que xa sabemos que é un rapaz moi tranquilo e mesurado.
Noraboa por este magnífico exemplar Juan!!
sábado, 18 de mayo de 2013
Maio 2013
Comezamos cos habituais traballos de coidado mantemento e limpeza do Couto de Pesca da Ponte do Porto nesta tempada 2013.
Sempre o mesmo selecto grupo de, máis ca socios, xa podemos dicir amigos e entusiastas pescadores deste fermoso tramo final do río Grande.
Un grupo moi unido e "rodado" que cada vez que se reune dexa pegada do seu eficiente traballo ás beiras do Grande.
Son estas unhas poucas imaxes do día!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




















































