sábado, 13 de abril de 2013
Social Lance 2013
A imaxe vai adicada a Lleims que fixo submarinismo no Xallas!! Je je je je. Non poido dar fe de se en realidade fixo algún disparo pero si é certo que me rin tanto como se ve.
Podium Social Lance
1º O xefe troitas 1ª manga 8 troitas 2ª manga 7
2º Lleims troitas 1ª manga 7 troitas 2ª manga 7
3º Mon troitas 1ª manga 6 troitas 2ª manga 7
PROBA:
Social Lance S/M. Lugar; libre do Xallas. 13/04/2013.
sábado, 23 de marzo de 2013
El "Maestro" y el "Molinero" en Argentina 2013
Do 14 de febreiro ao 12 de marzo e cunha estancia en Buenos Aires dun día a ida e outro á volta, dous socios da Sociedade de Pesca Deportiva Neria, Antonio “el Maestro” e Pepe “el Molinero”, acompañados duns amigos aos que nin nomeo nin poño imaxes deles xa que non sei se estarán de acordo en que o faga, estiveron pescando polo sur de Arxentina, máis concretamente nas provincias da Patagonia: NEUQUEN E CHUBUT.
Os lugares onde se aloxaron e os principais
rios que pescaron en cada sitio foron: Aluminé:, rio do mesmo nome, rio
Pulmari, rio Calfiquitra. Junin de los Andes: Rio Chimehuin, Rio Malleo, Rio
Quenquentreu, Caleufú, etc. Villa Ribadavia: Rio Carrileufú, Rio Colehual, Rio
Ribadavia.
O aloxamento fixérono en cabanas onde o “Maestro”
foi o “Chef”, alguén me dixo que coa axuda dos “pinches” pero eu coido que
pouco o axudarían, máis ben ao que o axudarían sería a dar boa conta dos
suculentos pratos saídos da súa cociña.
A definición que me deron dos lugares pescados
foi a de "pequeños paraisos", pola súa beleza, limpeza das augas e da
contorna, excelente pesca, tranquilidade, etc. No que respecta á pesca, en
ocasións moi boa outras regular, pero sempre con captura de
bastantes exemplares. Ao longo deste tempo foron numerosas as capturas de
troitas de entre 25 e 35 cm., e algo menos as de 35 a 45. Todos eles
pescaron algunhas de máis de 45 cm. e, excepcionalmente, varias se achegaban
aos 60 cm.
O "Maestro" no Calfiquitra, rodeado de araucarias nunha fermosa paraxe con moi boas troitas
O "Cef" en plena faena.
Na desembocadura do río Calefú.
Don Pepe "el Molinero" no Parque Nacional Lanin.
Pepe cunha fermosa captura do Malleo.
Na boca do río Carrileufú que nace no lago Cholila.
O "Maestro" no Ribadavia.
Troita do "Maestro" polas beiras do Ribadavia.
Pepe no Calfiquitra.
Fermosas fotos compañeiros!! Parabéns por esta viaxe!!
Notas e imaxes
José Rodríguez
lunes, 25 de febrero de 2013
Irlanda 2012
Este pasado ano, aló polo mes de xullo, uns membros da Sociedade de Pesca Deportiva Neria, fixemos unha viaxe de pesca a Irlanda. Pasamos alí dúas maravillosas semanas acompañados dun grupo de amigos. Ao chegarmos, a primeira cousa que fixemos foi facer saber quen éramos e onde estábamos.
Despois de instalados nos nosos luxosos aposentos (cabana con calefacción, duchas, lavadora, lavavaixela, cociña, forno, etc) fomos dar unha volta polo que ía ser o noso escenario de pesca nos vindeiros días.
As primeiras impresións foron moi alentadoras. As augas dunha cor diferente ás nosas, un río cuns accesos moi doados e practicables.
Unha contorna moi limpa e ben coidada na que tan só gozar da súa presenza facía que sentirse nela era un verdadeiro pracer, un inmenso pracer.
Os continuos cambios de luz e luminosidade por mor das nubes que ían pasando, ademais da boa acollida que tivemos, facíannos sentir uns privilexiados, sentíamos vivir uns momentos máxicos.
Así que, con ansia, menos Angel que o tomou coa súa característica calma, puxémonos a preparar o material e...
A pescar!!
A "aboiña" empezou a lance
Angel dixo que empezaría a mosca, seguiría a mosca e remataría a mosca e así o fixo, por certo, con moito éxito.
Foron aparecendo as primeiras capturas da viaxe.
Tivemos unha xornada na que o río estaba cheo de salmóns, eu nunca na miña vida tal cousa vira, foi un día deses nos que un é incapaz de recordar tódalas anécdotas e acontecementos vividos e que tan só despois, co tempo, se van recordando pouco a pouco por uns e outros.
Para min ese día será...O do meu primeiro salmón Irlandés!! Non podía crelo!! acababa de ver como a un compañeiro se lle desenganchara un salmón e fora quen de meter outro no prado. Cedíame logo o posto a min e, non moi seguro de min mesmo, agradecinlle o xesto pero funme para outro pozo un pouco máis arriba e, nada máis chegar, enganchei un salmón que se foi e instantes despois ACADEI A MIÑA PRIMEIRA CAPTURA!!
Non todo foi pesca, foron tamén uns momentos de lecer compartidos cuns amigos ao carón dun lugar maravilloso.
Uns días tranquilos, sen présas, nun río sen presas, cheo de vida!!
Tamén adicamos uns intres ás troitas, para que "O Maestro" nos agasallase coa súa receita ultra segreda, altamente reservada e estrictamente confidencial que tan só prepara para os amigos. Umh que deliciosas estaban!!!
Pero a raiña da viaxe foi a "aboiña", que probou tamén a cebo e sacou este marabilloso salmón de catro kilos e medio!!
Que contenta quedou!!
Foi unha viaxe marabillosa, nun lugar de xente fabulosa, cunha pescata excepcional feita nunha contorna magnífica, pero todo isto non ten cor algunha se o comparamos á calidade do grupo co que tiven a honra, a gran honra, de poder compartir esta inesquecible saída de pesca.
lunes, 4 de febrero de 2013
Actividade 2013
|
Actividade
|
Data
|
Modalidade
|
Río/Lugar
|
Couto
|
Provincia
|
|
Social
|
16 e 23/02
|
Montaxe
|
Vimianzo
|
|
A Coruña
|
|
Social
|
2 e 9/03
|
Montaxe
|
Vimianzo
|
|
A Coruña
|
|
Social
|
09/02
|
Mar-Praia
|
Lourido
|
|
A Coruña
|
|
Social
|
10/03
|
Mar-Rocha
|
Lourido
|
|
A Coruña
|
|
Liga de Clubs
|
23/03
|
Mar-Costa
|
|
|
A Coruña
|
|
Saída Social
|
30/03
|
Salmónidos
|
Miño
|
Ombreiro
|
Lugo
|
|
Social
|
13/04
|
Sal. Lance
|
Xallas
|
Libre
|
A Coruña
|
|
Open
|
14/04
|
Rockfishing
|
|
|
A Coruña
|
|
Provincial
|
21/04
|
Sal. Lance
|
Grande
|
Baio
|
A Coruña
|
|
Social
|
27/04
|
Limpeza
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Provincial
|
04/05
|
Mar-Costa
|
|
|
A Coruña
|
|
Autonómico
|
05/05
|
Sal. Lance
|
Xallas
|
Xallas/Beba
|
A Coruña
|
|
Social
|
18/05
|
Limpeza
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Provincial
|
19/05
|
Sal. Mosca
|
Mandeo
|
Aranga
|
A Coruña
|
|
Liga de Clubs
|
26/05
|
Sal. Lance
|
Neira
|
Pobra
|
Lugo
|
|
Liga de Clubs
|
02/06
|
Sal. Mosca
|
Anllóns/Xallas
|
St.C. e Verd.
|
A Coruña
|
|
Social
|
15/06
|
Limpeza
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Social
|
20/07
|
Limpeza
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Provincial
|
21/07
|
Emb. Fondeada
|
|
|
A Coruña
|
|
Social
|
27/07
|
Sal. Mosca
|
Xallas
|
Libre
|
A Coruña
|
|
Social
|
03/08
|
Reo
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Social
|
10/08
|
Limpeza
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Social
|
18/08
|
Emb. Fondeada
|
Camariñas
|
|
A Coruña
|
|
Social
|
24/08
|
Limpeza
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Social
|
07/09
|
Reo
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Social
|
21/09
|
Reo
|
Grande
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
|
Social
|
28/09
|
Churrascada
|
Fin de Temp.
|
Pte. do Porto
|
A Coruña
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









