martes, 27 de noviembre de 2012
Un ano máis coroamos a tempada coa tradicional cea e posterior entrega de premios, sendo as mestras de ceremonia Maite e Monse. Neste ano os galardoados foron:
Jaime cun segundo premio en Mar-Rocha e tamén segundo en Reo.
Mon co primeiro de Mar-Rocha, terceiro en reo e tamén terceiro en Mar-Praia.
Martín co segundo premio en Mar-praia.
Salustio cun segundo en Embarcación Fondeada, primeiro en Mar-Praia e terceiro en Mar-Rocha.
Curra cos primeiros premios de Embarcación Fondeada e Reo. Sobre estas liñas o volante tocando as "bolitas" coma sempre, neste caso as de Curra!!
Maite e Monse déronlle un toque especial a esta entrega de premios 2012!!
E o Volante todo fachendoso co seu terceiro premio de Embarcación Fondeada.
Foi unha reunión presidida pola habitual cordialidade e pracer de ter compartido unha tempada máis, recordando unha e otra vez as anécdotas e xornadas de gloria vividas xuntos. Tamén facendo xa plans para a vindeira.
Dicir que este grupo segue coa mesma ilusión e compromiso de sempre, tentando colaborar na promoción e mantemento dunha pesca sostible, na que todos antepoñemos con e onde pescamos a canto pescamos.
O noso agradecemento tamén vai para todos/as aqueles/as que, dunha maneira ou doutra, nos apoian e dan folgos para que, malios atrancos que imos atopando, sigamos teimando en acadar os nosos obxectivos. Neste senso temos que agradecer especialmente a colaboración de:
Concello de Vimianzo.
Bar O Cabazo da Ponte do Porto.
Casa Trabeiro da Ponte do Porto.
Casa Ferrín de Carnés.
Restaurante Pastoriza de Vimianzo.
Mesón Xanela en Agra do Orzán na Coruña.
Taller de xoiería A Feitura da Coruña.
E ao noso artista, socio e amigo Mon Souto Pérez autor do deseño e feitura dos nosos trofeos!!
miércoles, 21 de noviembre de 2012
Mar-Costa 2012
Coma ven sendo habitual o noso Curra escolleu o día no que había temporal, coma sempre, para esta derradeira reunión de pesca do 2012. Aparte diso facía un frío de ca..llo!! Malia todo a moral estaba alta para enfrontarse a loita coas robalizas!!
Había algún que "protestaba" polo frío e pretendía que se fose para un lugar máis quente e con menos vento. Non si señor Jaime? Pobriño!! Vaia cariña de frío que ten!! Je je je je.

Por aquí abaixo temos aos dous artistas!!
Os guapos do grupo!! Vaia dous!!
Inda que quen levou o gato á auga foi Salustio
CAMPIÓN MAR-COSTA 2012!!
viernes, 6 de julio de 2012
Escrito ao pleno do Concello de Vimianzo
O grupo municipal dos Independentes x Vimianzo presentou unha moción no concello para que se aprobe no pleno a presentación de alegacións á creación do couto de Pesca de Vimianzo.
Baixo estas liñas o escrito que acheguei para que, se o teñen a ben, sexa lido no pleno que trate esa moción.
Baixo estas liñas o escrito que acheguei para que, se o teñen a ben, sexa lido no pleno que trate esa moción.
Ao Pleno do Concello de Vimianzo
Señor alcalde, señoras e señores
edís, a Sociedade de Pesca Deportiva Neria naceu coa vocación de ser unha
canle, permanentemente aberta, a todos aqueles e todas aquelas que quixeran, e
queiran, participar directamente na xestión da pesca, dos recursos fluviais e da súa contorna, da maneira máis directa e atractiva posible. Xorde, xa que
logo, por e para a pesca galega no seu conxunto, considerando ésta en sentido
amplo, pero máis directamente para os cursos fluviais da comarca. Inspíranos
unha filosofía altruista, non obstante, na nosa actual sociedade de consumo
toda actividade, mesmo as puramente filosóficas ou altruistas, teñen un custo
económico que cómpre asumir. Para iso, para facer fronte a eses custos,
contamos cunha masa social que non asume só unha cota anual, tamén achega, para
os fins da Sociedade, vehículos, ferramentas e toda sorte de materiais propios.
No que atinxe á conservación dos
nosos recursos fluviais, seguimos mantendo a mesma actividade de coidado, mantemento
e limpeza do couto de pesca da Ponte do Porto agora, sen as axudas que o
Servizo de Conservación da Natureza concedía ás Sociedades co recoñecemento de
colaboradoras, coma nós, ca antes cando si as había. Tamén promovemos e
asumimos novos retos, malia oposición de certos sectores ou persoas que nada ou
pouco teñen que ver coa pesca e, dende logo, que nunca nada fixeron, nin dentro
do noso concello nin fóra del, pola súa xestión ou conservación.
Existe unha nova maneira de
viaxar e de gozar do tempo de lecer. A través dos nosos espazos naturais
poderemos achegar a nosa comarca eses viaxeiros que agora están indo a outros
lugares. Lugares que non lles ofrecen máis do que nós aquí temos, tan só llelo
ofrecen máis coidado, polo tanto en moitas mellores condicións das que nós
nestes intres podemos facelo. Todos entendemos, xa que nós mesmos tamén o
facemos, que viaxar é sinónimo de comer, beber, mercar, etc., nos lugares
visitados. Cando as actividades que lles ofrecemos aos nosos visitantes son,
ademais de pracenteiras, regulares e duradeiras no tempo, entendendo por tempo
un espazo que poida ir dende un día ata varias semanas, tamén poden ser, de
feito noutras autonomías veciñas coma por exemplo Asturias xa o son, un
complemento á oferta hostaleira e de turismo rural das comarcas que son
visitadas para gozar dos seus cursos e recursos fluviais.
É logo doado entender a
importancia que ten, para todos, vecinos e visitantes, pescadores ou non,
xestionar axeitadamente os nosos recursos naturais, ademais de para a calidade
medioambiental do noso concello e da comarca, tamén para a nosa maltreita
economía. Asemade, cómpre ter en conta que cando se fala de xestión, fálase
fundamentalmente de tomar decisión sobre o destino dos recursos disponibles,
polo tanto, a súa importancia económica débese engadirlle a súa relevancia
social.
En Vimianzo a 5 de xullo de 2012
Manuel Mouzo Méndez
viernes, 25 de mayo de 2012
No Autonómico Salmónidos Lance (Ponteliñares)
Carlos e Mon nos instantes previos á proba.
Os xefes controlando a situación.
O amigo Jorge en plena acción.
Carlos concentrado.
Carlos no intre no que me di "ou te largas ou che meto a boia nun ollo". Largueime, evidentemente.
Mon controlando a Roy.
Don Pablo.
Mon ao comezo da súa quenda.
Só pensaba en colocarse ben para as fotos. Tiven que irme senón non pillaba unha. Despois de eu marchar si que pillou
Foi unha bonita e entretida xornada de competición, rodeados dunha fermosa natureza e doutras persoas coas que compartimos afección.
sábado, 5 de mayo de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





