domingo, 30 de diciembre de 2018
sábado, 29 de diciembre de 2018
martes, 28 de marzo de 2017
BASES OPEN INTERNACIONAL POR
EQUIPOS CONCELLO DE DUMBRÍA
1- A adxudicación de tramos de
pesca e dorsais farase por sorteo antes do inicio da competición.
2- Os equipos estarán formados
por catro pescadores.
3- Tódolos participantes
deberán de ter licenza de pesca de Galicia ou interautonómica en vigor.
4- A competición desenvolverase
en dúas mangas.
5- A modalidade de pesca será a
de salmónidos lance.
6- En cada quenda de cada manga pescarán nun mesmo tramo dous
pescadores de cada equipo e dous farán de controis.
7- A clasificación farase
segundo o programa e Regulamento de salmónidos da FEPeC.
8- Pescarase con moscas, ninfas
ou perdigóns montados en anzois desprovistos de arponciño e culleriñas,
xiratorias ou ondulantes que non leven ningún tipo de plumas, dun só gancho sen
arponciño.
9- Os aparellos só poderán
estar montados cun máximo de tres moscas e a boia, que pode ser esférica ou
ovoide, que permita encherse de auga e sen ningún tipo de recubrimento, debe
estar atada á sedela sen posibilidade algunha de deslizarse.
10- As canas a usar son libres,
de uso comercial, cuxa lonxitude unha vez desencartadas e montadas non exceda a
lonxitude de 12 pés (366 Cm).
11- Os carretes serán
opcionais, manuais ou automáticos, de bobina fixa ou xiratoria.
12- As liñas usadas serán única
e exclusivamente as de monofiamento nas súas distintas marcas e diámetros.
13- Nos desprazamentos de
pescadores e controis está prohibido cruzar o río fóra do tramo que lle tocase
pescar. Os controis seguirán ao pescador pero sen estorbarlle.
14- Se un control é responsable
da perda dunha captura, anotará este incidente na plica e á captura perdida
daráselle a talla media de tódalas capturas anotadas.
15- O pescador non poderá
invadir o tramo lídante pero a captura si.
16- Só serán capturas válidas
as que acaden unha talla mínima de 17 Cm e que veñan cravadas entre a punta do
fociño e o opérculo das galadas.
17- As capturas seranlles
presentadas aos controis dentro dunha sacadeira ou redefol.
18- Para calquera dúbida ou incidencia ao longo da
competición será de aplicación o regulamento de competicións de salmónidos da
FEPeC.
19- Non terá dereito á clasificación nin a agasallo todo
aquel deportista que abandone a competición.
20- As decisións tomadas pola organización, referentes a
esta competición, serán firmes e inapelables.
jueves, 5 de mayo de 2016
Nova e interesante competición con e para a boa xente
BASES:
1)
Só se pode pescar cunha cana pero
poderase ter unha ou máis canas dispostas e en repouso.
2)
As capturas deberán de serlles
presentadas ao control dentro dun trueiro. O trueiro non poderá ter,
completamente estendido, unha lonxitude maior de 122 cm. A rede deberá ser de
algodón ou outro material non abrasivo.
3)
A adxudicación dos dorsais farase por
sorteo e a distribución dos dorsais nos respectivos tramos é a que consta no
anexo ás presentes bases. Nos tramos pescarán ao mesmo tempo dous deportistas
dun equipo que serán controlados por outros dous deportistas doutro equipo
4)
A reunión dos pescadores cos controis
farase na parte baixa do inicio do tramo.
5)
Material permitido:
1. Canas. Libres, de uso comercial, cuxa lonxitude non exceda de 366 cm. (12
pes).
2. Carretes. De uso opcional sexa manual ou automático, de bobina fixa ou
xiratoria.
3. Sedelas. Exclusivamente de monofiamento nos seus diferentes tipos e
diámetros.
Non se permite:
Utilizar boias ou buldós deslizantes sobre a sedela ou baixo de liña. Terán
que estar fitos á mesma.
Cebos (Só culleriñas e moscas artificiais):
a) Culleriñas: xiratorias ou ondulantes simples en calquera das súas
variantes e cun só anzol, pero sen plumas, pelos, la, etc.
b) Un máximo de tres moscas artificiais co uso da boia ou buldó (fitos na
sedela ou baixo de liña)
c) Os anzois, tanto das moscas como das culleriñas deberán estar
desprovistos de arponciño ou semellante, ou ben telo totalmente inutilizado, de
xeito que non fagan resistencia algunha ó desanzolado.
6)
Ó longo da proba, calquera control pode
pedir o exame os aparellos de pesca dun pescador.
7)
O deportista que non se presente, ou
abandone a proba ou a acción de pesca, antes da hora oficial, perderá o seu
dereito á clasificación e a continuar na proba.
8)
Para calquera outra norma non descrita
anteriormente aterémonos ó regulamento da FEPYC.
9)
Serán capturas válidas as pezas de
17cms. ou mais, medidas dende o extremo da boca ate a punta da cola.
10)
Os trofeos aos tres primeiros equipos
clasificados seranlles entregado na cea de clausura e entrega de premios.
Máis
información: spd.neria@gmail.com
ANEXO:
|
I OPEN POR EQUIPOS SALMONIDOS LANCE.
XALLAS 2016
|
||||||||
|
POSTOS
|
1
|
2
|
3
|
4
|
5
|
6
|
7
|
8
|
|
1ª QUENDA DA 1ª MANGA
|
||||||||
|
PESCADORES
|
A1 – A2
|
B1 – B2
|
C1 – C2
|
D1 – D2
|
E1 – E2
|
F1 – F2
|
G1 – G2
|
H1 – H2
|
|
CONTROIS
|
F3 – F4
|
E3 – E4
|
H3 – H4
|
G3 – G4
|
A3 – A4
|
B3 – B4
|
C3 – C4
|
D3 – D4
|
|
2ª QUENDA DA 1ª MANGA
|
||||||||
|
PESCADORES
|
E3 – E4
|
F3 – F4
|
G3 – G4
|
H3 – H4
|
B3 – B4
|
A3 – A4
|
D3 – D4
|
C3 – C4
|
|
CONTROIS
|
A1 – A2
|
B1 – B2
|
C1 – C2
|
D1 – D2
|
E1 – E2
|
F1 – F2
|
G1 – G2
|
H1 – H2
|
|
1ª QUENDA DA 2ª MANGA
|
||||||||
|
PESCADORES
|
D3 – D4
|
C3 – C4
|
B3 – B4
|
A3 – A4
|
G3 – G4
|
H3 – H4
|
E3 – E4
|
F3 – F4
|
|
CONTROIS
|
E1 – E2
|
F1 – F2
|
G1 – G2
|
H1 – H2
|
B1 – B2
|
A1 – A2
|
D1 – D2
|
C1 – C2
|
|
2ª QUENDA DA 2ª MANGA
|
||||||||
|
PESCADORES
|
F1 – F2
|
E1 – E2
|
H1 – H2
|
G1 - G2
|
A1 – A2
|
B1 – B2
|
C1 – C2
|
D1 – D2
|
|
CONTROIS
|
D3 – D4
|
C3 – C4
|
B3 – B4
|
A3 – A4
|
G3 – G4
|
H3 – H4
|
E3 – E4
|
F3 – F4
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





