domingo, 14 de junio de 2015
domingo, 27 de abril de 2014
Campanu do Eo 2014
Repítese a historia, mesmo lote, mesmos pescadores e mesmo resultado. Antonio Barreiro foi de novo o pescador galego que tivo a honra de botar á terra o primeiro salmón da tempada 2014 do río Eo, ao igual co ano pasado este lance deuse no lote catro da Pontenova, O Cairo, sobre as 12,00 horas deste 27 de abril que marcou o inicio da tempada de salmón en Asturias e, por mor de ter o Río Eo varios lotes compartidos cos nosos veciños Asturianos, tamén para este cauce fluvial.
O campanu do Eo deste ano foi un salmón moito máis modesto, en peso e tamaño, co do ano pasado. Antonio quédase o exemplar, coma sempre, para compartilo cos demais membros da terna, entre eles o seu compañeiro de aventuras, tanto polas augas patrias coma fóra delas, Antonio Rodríguez.
Parabéns, unha vez máis, a estes formidables amigos, compañeiros e pescadores que, pouco a pouco, van agradando a súa lenda coma os magníficos representantes que son desta magnífica actividade que é a pesca fluvial.

martes, 22 de abril de 2014
Provincial Salmónidos Lance 2014
Nesta nova edición do provincial salmónidos lance participaron os deportistas da Sociedade de Pesca Deportiva Neria Ramón Souto Pérez e Carlos Vieites González.
Os nosos dous representantes acadaron posto para participar no vindeiro campionato autonómico da especialidade que se desenvolverá o día 8 de maio no couto de Ombreiro (Lugo). Ademáis diso, Carlos voltou a acadar o título de subcampión provincial por segunda vez.
Os nosos parabéns para estes dous deportistas, e amigos, pola súa brillante actuación e moitos ánimos para ese vindeiro Autonómico.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)