Un día sen vento, no mes de agosto, esas árbores caeron no río ao carón do Muíño de Sofía. algunhas outras polas máis foron arrimándose e entorpecendo a subida dos reos por esas correntes. Non quedaba máis remedio que retirar todos eses entullos, ademais, tampouco podía ser nada bo deixar ahí todos eses atrancos para cando subise o río coas choivas do outono e do inverno así que, coma sempre, con alegría e moito ánimo puxémonos mans a obra!!
Dividímonos en dous grupos, un de intrépidos especialistas da escalada e do tema "motoserra", que foron enviados en expidición á outra beira do río, outro de apoio e intendencia. A medida que os expedicionaros ían cortando o outro equipo ía evacuando os restos, non sen dificultades!!
Pero os esforzos, unha vez máis, pagaron a pena e devolvemoslle a este tramo de río a súa maxestuosidade. Asemade, quedou a vía expedita para uso e goce dos peixes e dos pescadores e visitantes.
Colocamos, unha vez máis, o mesmo sinal e, logo dun pequeno descanso para repoñer folgos, diriximonos, ledos e famentos, cara ao Pastoriza, onde demos boa conta das empanadas de pan de millo con xouvas e dun impresionante cochinillo.
E todo está ben cando remata ben!!