viernes, 10 de febrero de 2012
martes, 24 de enero de 2012
lunes, 23 de enero de 2012
Datas 2012
Datas de interese para a SPD Neria no calendario da FGP 2012
15 de abril: Provincial Salmónidos Lance en Baio, río Grande.
28 de abril: Provincial Mar-Costa na praia da Langosteira, Fisterra.
13 de maio Autonómico Salmónidos Lance en Ponteliñares, río Limia, Ourense.
20 de maio: Provincial Salmónidos Mosca no Couto de Verdes.
26 de maio: Open Mar-Costa Clubs, praia América, Pontevedra.
27 de maio: Open Salmónidos Lance Clubs, couto de Xinzo, río Eo, Lugo.
03 de xuño: Open Salmónidos Mosca Clubs, Santa Comba e Xallas/Beba, río Xallas.
02 de setembro: Open Mar-Costa dende rocha, Camariñas.
16 de setembro: Provincial de Embarcación Fondeada, en Ribeira.
Competicións sociais 2012
26 de febreiro: Campionato social de Embarcación Fondeada.
04 de marzo: Campionato social de Mar-Costa dende rocha no Cabo Touriñan, Muxía.
28 de abril: Campionato social de Salmónidos Lance, libre do Xallas.
16 de xuño: Campionato social Salmónidos Mosca, libre do Xallas.
14 de xullo: Campionato Social de Mar-Costa dende a Praia en Traba de Laxe.
15/22/29 de setembro: Campionato social de Reo no Couto da Ponte do Porto, río Grande.
Xornadas de coidado, mantemento e limpeza do Couto da Ponte do Porto.
21 de abril.
9 e 23 de xuño.
21 e 28 xullo.
18 de agosto.

miércoles, 23 de noviembre de 2011
Peche tempada 2011
Non é doado resumir unha tempada
de pesca, tendo en conta que cada pescador ten a súa propia e tamén o dito de
que “cada quen opina da feira según lle foi nela”. Máis aínda cando o resultado
final dunha tempada depende do enfoque que se tivese feito dela, das
prioridades coas que se iniciou a mesma. Se o obxectivo inicial era o de
repetir vellas pescatas, poucos o acadarían. Non obstante, se o éxito da
tempada estaba suxeito aos resultados acadados en competicións oficiais, seguro
que os mellores en cada momento e, na súa especialidade concreta, viron as súas
aspiracións colmadas. Pero para todos aqueles aos que a pesca é unha maneira
máis de compartir pasión ou afición cos compañeiros e amigos, de seguro que os
obxectivos se seguen cumprindo de ano en ano, poida que cada vez, cada ano, con
máis acougo e sosego xa que imos valorando máis con quen ca onde pescamos.
Os nosos ríos non levan xa a auga
que levaban fai uns poucos anos. As continuas captacións ao longo dos seus
treitos, os aproveitamentos industriais que limitan fortemente en importantes
tramos e, en algúns, casos ata ilegalmente os seus caudais deturpándoos
considerablemente, non só para a pesca, senón tamén para as especies que neles,
temporal ou permanentemente viven, inciden negativamente na súa calidade medioambiental
e, por conseguinte na súa capacidade de manter nas mellores garantías aos
exemplares piscícolas que poblan a cotío as súas augas, ou acoller ás especies
anádromas ou catádromas que adoitan visitalos. Sen falarmos xa dos contínuos, e
as veces (moitas veces), innecesarios obstáculos transversais que temos
espallados pola rede fluvial Galega e as “tradicionais” verteduras.
Malia todo, xa estamos na ilusión
da vindeira tempada coa escolla dos permisos de pesca. Este escrito é coma o
adeus á tempada 2011 á que nós acabamos de porlle o peche coa tradicional
comida e entrega de premios de tódalas competicións anuais. Inda que o
“reporteiro” non estivo á altura do acontecemento, desta volta ímoslle perdoar,
pero como se repita istooo…
A tempada 2011 foi boa, acadamos
tódolos obxectivos que nos propuxéramos antes do seu comezo, en algún caso índa
obtivemos mellores resultados dos inicialmente agardados, máis concretamente a
nivel de competicións oficiais. En canto aos apoios, colaboracións e axudas
temos moito que agradecerlles a todos, aos que nos axudaron económicamente e
aos que nos cederon gratuitamente os seus locais e instalación para que
puidesemos desenvolver con normalidade as nosas actividades anuais.
Os nosos agradecementos a:
Consellería do Medio Rural –
Servizo de Conservación da Natureza.
Deputación da Coruña.
Concello de Vimianzo.
A Feitura SL (A Coruña)
Bar Pastoriza (Vimianzo)
Casa Ferrín (Vimianzo)
Bar O Cabazo (Ponte do Porto)
Publisoneira (Vimianzo)
novagalicia banco (Vimianzo)
Aproveito para nomear
especialmente a Mon Souto polo seu proxecto para o deseño e fabricación dos
nosos trofeos. Agradecementos, tamén de xeito especial, a José Leis Lema “O
Parranda”, que tanto nos axudou cando empezamos con esta Sociedade de pesca e
non tíñamos nin cartos nin bens. Él creu en nós e foi un dos principais
alicerces para facer realidade unha utopía. E en xeral grazas a todos aqueles que dunha ou
outra maneira, fixeron e fan posible que malios momentos duros que estamos
todos atravesando, poidamos seguir desenvolvendo as nosas actividades e
cumprindo cos nosos compromisos.
O Presidente.
Chucho do Volante; Terceiro en Mar-Costa dende rocha.
Curra; Primeiro en Mar-Costa dende rocha.
Jaime; Segundo en Mar-Costa dende a praia.
Pepe do Volante; Terceiro en Mar-Costa dende a praia
Carlos; Segundo en pesca da troita e Terceiro en pesca do reo.
Benito; Segundo en pesca do reo.
Angel; Campeón de reo e O PUTO AMO 2011!!
O PARRANDA co agasallo que en recoñecemento pola súa colaboración e axuda lle entregou a Sociedade de Pesca Deportiva Neria.
viernes, 21 de octubre de 2011
Sorteo Salmón 2012 Asturias
O primeiro número para solicitar coutos de salmón en Asturias no 2012 é
959
Suscribirse a:
Entradas (Atom)