domingo, 24 de abril de 2011

Primeiro día de traballos 2011 na Ponte do Porto




Neste 24 de abril demos comezo aos traballos de coidado, mantemento e limpeza, da tempada 2011. Son estas unhas xornadas de compañeirismo e bo entendemento entre nós, ademais de cumprirmos co convenio de colaboración que temos asinado coa Consellería do Medio Rural.



Estas derradeiras xornadas de choiva deixáronnos ao Grande cun fermoso nivel de auga. Estas augas "tomadas", nestas datas, adoitan gustarlles aos reos para "entraren" neste Couto de Pesca, polo que as espectativas de cara ao mes de maio son, de momento, moi boas.

























Unha das máquinas declarouse en "folga". Malia tódolos intentos e esforzos feitos, non houbo maneira de que mudase de actitude. Je je je. Carlos e Salustio, entre outros, suaron máis tentando encendela que se estivesen traballando con ela.














Os amigos Jaime e Salustio, que viñeron adrede dende A Coruña para colaborar nesta primeira xornada de traballo.




As imaxes do grupo que nos xuntamos hoxe, tomadas ao carón da presa de Sofía.










Como pode verse a ledicia fixo parte, unhas volta máis, destas xornadas de coidado, mantemento e limpeza deste fermoso recuncho da Costa Morte. Grazas a todos pola vosa colaboración e axuda!!

domingo, 17 de abril de 2011

Provincial de Lance 2011


Os nosos representantes, Carlos e Mon, fixeron un gran papel no Provincial de Lance.

Carlos acadou o segundo posto e terá praza, representando a nosa provincia, no Campionato Galego de Lance do 2012.

Mon coa súa novena praza neste Campionato será o primeiro suplente.

Parabéns aos dous.

sábado, 16 de abril de 2011

Campionato de troita no Castro


Nunha fermosa xornada desenvolveuse, no río Castro, o Campionato Social da Pesca da Troita 2011.




A fermosura desta paisaxe, deste cornecho da Costa da Morte, axudou a que esta xornada, máis ca unha xornada competitiva, fose un día de amizade e bo entendemento entre compañeiros unidos por unha mesma afición, A PESCA!!














Temos por aquí a Carlos que foi a segundo clasificado e que será un dos representantes da Sociedade De Pesca Deportiva Neria no Campionato Provincial de Lance do 2012.






O noso máis forte agradecemento, tanto ao Concello de Vimianzo coma a Deputación da Coruña pola súa colaboración nas actividades da nosa Sociedade.



Jesús Mira acadou o terceiro posto.










Esta foi a captura máis inesperada desta xornada!!


Jesús Valiña Lema "Suso" o novo campión da pesca da troita, na modalidade de Lance, da Sociedade de Pesca Deportiva Neria.
Parabéns Suso.

lunes, 11 de abril de 2011

Mon


Xa temos a Mon facendo das súas!! Para o vindeiro sábado imos ter que botarlle "loctite" nos dedos!! Je je je je je.

Noraboa Mon!!