lunes, 4 de abril de 2011

Calendario de actividades 2011


16 de abril Campionato Social de Pesca da Troita
17 de abril Provincial de Salmónidos Lance
24 de abril Xornada de Sinalización e Limpeza do Couto da Ponte do Porto
7 e 8 de maio Autonómico de Salmónidos Lance
29 de maio Liga de Clubs Mosca
11 de xuño Xornada de Limpeza do Couto da Ponte do Porto
12 de xuño Provincial de Salmónidos Mosca
25 de xuño Xornada de Limpeza do Couto da Ponte do Porto
16 de xullo Xornada de Limpeza do Couto da Ponte do Porto
30 de xullo Xornada de Limpeza do Couto da Ponte do Porto
13 de agosto Xornada de Limpeza do Couto da Ponte do Porto e xantar de remate dos traballo
4 de setembro Provincial de embarcación Fondeada
10 de setembro Primeira manga do Campionato Social de Reo
17 de setembro Segunda manga do Campionato Social de Reo
24 de setembro Final do Campionato Social de Reo e Conferencia Sobre o Medio Ambiente

COMPETICIÓNS DE MAR-COSTA

Quedan pendentes de data:
O campionato dende rocha, pesca ao fondo, (probablemente en maio)
O campionato de lance, (probablemente en xullo ou agosto)
O campionato de calamar (cando os socios que practican esta modalidade saiban que entrou calamar)
Participación en aqueles campionatos da Federación Galega de Pesca nos que os Socios estean interesados en facelo. Pódese consultar o calendario de competicións na Web da Federación Galega de Pesca.

Para calquera información tedes os correos da Sociedade.

sábado, 2 de abril de 2011

miércoles, 23 de marzo de 2011

Adeus Señor Covas

Unha vez máis decímoslle adeus a unha gran persoa. Sempre atento cos demais. Foi un home que sempre mantivo o camiño da amizade limpo, non deixando que se enchese de ningunha herba. Foi un pracer pescar ao seu carón. As súas charlas e a súa conversa entretida e chea de sentido, apoiada sempre na forza da razón, eran unha gozada máis. A pesca, tanto no mar coma no río, gozábaa coma un neno. Ser o seu compañeiro de pesca era ser seu amigo. Adeus compañeiro. Un sentido adeus de todos nós.

lunes, 14 de marzo de 2011

Campionato na praia do Lago

Sobre estas liñas temos a Jaime, "Don Lleims", preparándose para o comezo da proba na que acadou o segundo posto.



Os irmáns Rodríguez Costa en plenos preparativos de aparellos e cebos.



"Pepe do Volante" acadou o terceiro posto do campionato



Marcos e Veciño sobre estas liñas. Abaixo Curra pai e fillo.


Marcos o Campión!! Chegou a última hora, despois de xogar un partido de fútbol, e rematou en primeiro lugar. Noraboa Marcos!!

Como os peixes non estaban moito por facer "festa", a conversa, os recordos de días mellores, os bocatas, as "birras", o viño e o café con orujo de Mon, e como non... os chistes de Veciño, fixéronnos pasar unha moi boa tarde-noite de pesca.



Marcos en ación!!
Tamén nos fixo unha visita José Manuel. Non ven a pescar. Só ben controlar que fósemos boíños e por suposto agasallarnos coa súa (sempre benvida) compañía.

sábado, 5 de marzo de 2011

Campionato de cabo Vilán

Un dos voluntarios que colaboraron coa organización deste campionato facendo o control de capturas. Baixo estas liñas temos a "Chucho do Volante". Un dos dous representantes da nosa Sociedade que participaron neste campionato.



"Curra", o segundo dos nosos representantes, en plena faena na Punta do Boi



A colaboración entre os participantes e os controladores da proba foi exquisita. Nun clima de cordialidade e entendemento que propiciou que a ledicia fose a raíña deste día.


Tanto a organización deste campionato coma o traballo dos voluntarios, ademais do comportamento dos participantes, estiveron á altura do maravilloso escenario no que se desenvolveu este acontecemento. Tamén a climatoloxía quixo sumarse para que o éxito desta festa da pesca de mar con cana se realizase nunha xornada chea de luz.





Parabéns a todos, organización, voluntarios e participantes.

Xa que esta é unha actividade, a pesca deportiva no mar con cana, que cada día conta con máis participantes, non se entende que as nosas autoridades queiran regulamentala sen contar con quen a practica, organiza ou representa.